xoves, decembro 04, 2014

Congreso do Centenario de Hildegart Rodríguez Carballeira, do 5 a 7 de decembro de 2014 - Ateneo Ferrolán


Congreso do Centenario de Hildegart Rodríguez Carballeira |
​Ateneo Ferrolán: R/Magdalena, 202-204. CP 15406 Ferrol | 5 a 7 de decembro de 2014.

O Ateneo Ferrolán e a Comisión para a Recuperación da Memoria Histórica da Coruña, coa colaboración da Marcha Mundial das Mulleres e da Fundación Anselmo Lorenzo, organizan o Congreso do Centenario de Hildegart Rodríguez Carballeira coa intención de lembrar a vida de Hildegart.

A figura de Hildegart Rodríguez Carballeira é unha das máis coñecidas da nosa historia contemporánea. Sobre a súa persoa téñense feito películas, novelas, obras de teatro e numerosos libros e traballos de investigación. En todo o que se ten feito sobre ela paira a sombra do seu tráxico fin e as circunstancias do asasinato pola man da súa nai, a ferrolá Aurora Rodríguez Carballeira; como consecuencia, a súa traxectoria vital e o seu pensamento no eido da reforma sexual ou da crítica política, ficaron en parte ocultos. Cen anos despois do seu nacemento, tentamos lembrar á Hildegart sexóloga, xornalista, activista política ou feminista, coa celebración dunha serie de actos de homenaxe e un congreso de investigación que poña en valor a súa figura histórica e o seu pensamento, todo o lonxe que sexa posible do sensacionalismo e da superficialidade.

O conxunto de actividades do Congreso quere servir para achegar ao público de todo o mundo á historia e ao pensamento dunha das mulleres máis singulares do seu tempo: Hildegart Rodríguez Carballeira. E malia fixar o obxectivo nunha única persoa, o Congreso quere contribuír de xeito xeral á recuperación da historia do pensamento feminino e dos movementos da liberación da muller no século XX.


Congreso
Venres, 5 de decembro

19:00 – 19:30 INAGURACIÓN DO CONGRESO

A cargo de representantes das entidades organizadoras e entidades colaboradoras: Comisión para a Recuperación da Memoria Historica da Coruña, Ateneo Ferrolán, e Marcha Mundial das Mulleres.

19:30 – 21:00 CONFERENCIA INAUGURAL
  • A cargo de Aurora Marco: “Romper barreiras. Voces femininas a comezos do XX".

    • Aurora Marco é profesora da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela e especialista na historia das mulleres na Galiza. Ten publicado os libros “As precursoras. Achegas para o estudo da escrita femenina (Galiza, 1800-1936)” (1993), “Mulleres e educación na Galiza. Vidas de mestras” (2002), “Mulleres na guerrilla antifranquista” (2011), e o seu monumental “Dicionario de mulleres galegas. Das orixes a 1975” (2007).

21:00 - 22:00 ACTUACIÓN MUSICAL
  • Actuación musical por determinar

Sábado, 6 de decembro

10:00 – 11:15 PONENCIAS DOS TRABALLOS PRESENTADOS
  • José Manuel Peláez Ropero – Mi hija Hildegart (Fernando Fernán Gómez, 1977).¿ Un filme inacabado?
  • Martín Paradelo Núñez – A representación cinematográfica do corpo da muller no tempo de Hildegart.
  • Ana Muiña – Aurora de sangre. Vida y muerte de Hildegart. Introducción a la reedición del libro de Eduardo de Guzmán.
11:30 – 12:45 PONENCIAS DOS TRABALLOS PRESENTADOS
  • Lola Ferreiro Díaz – Republicanas de corazón, de cabeza e de corpo enteiro
  • Luz Darriba / Micaela Fernández Darriba – As netas de Olympia de Gouges, as fillas de Flora Tristán
13:00 – 14:00 PRESENTACION DA NOVELA
  • “Entrada ao xardín do saber”, co seu autor Henrique Dacosta, presentado por Eduardo Fra Molinero.
16:00 – 17:15 PONENCIAS DOS TRABALLOS PRESENTADOS
  • Miguel Ángel Pradera – Una tarea pendiente: una bibliografía formal de Hildegart Rodríguez Carballeira.
  • Pablo Herrero Hernández – Hildegart Rodríguez Carballeira en el recuerdo y en los escritos del periodista y escritor republicano Luis Hernández Alfonso (1901-1979).
  • Manuela Santalla López – Hildegart: ¿Una mujer-proyecto ferrolana?
17:30 – 18:45 PONENCIAS DOS TRABALLOS PRESENTADOS
  • Kyra Kietrys – Archivo Hildegart.
  • Micaela Pattison – Hildegart como figura internacional.
19:00 – 20:00 CONFERENCIA
  • Rosa Cal – "Aurora una mujer con un proyecto de vida propio: Hildegart".
20:00 – 21:00 ACTUACIÓN MUSICAL
  • Actuación musical por determinar

Domingo, 7 de decembro


10:00 – 11:15  PONENCIAS DOS TRABALLOS PRESENTADOS
  • Eduard Masjuan – El neomalthusianismo anarquista y la cuestión social en Hildegart Rodríguez.
  • Lorena Cuevas Buján – Hildegart Rodríguez e Amparo Poch: a repercusión das ideas de reformismo sexual no anarcofeminismo dos anos 30.
  • Eusebio Lucía Olmos – El paso de Hildegart Rodríguez por la Casa del Pueblo Madrileña.
11:30 – 12:45 PONENCIAS DOS TRABALLOS PRESENTADOS
  • Mónica Bar Cendón – Sexualidade e trampas da "diferencia" en Hildegart.
  • Josep María Roselló – Una mujer moderna: amor y sexo en el pensamiento de Hildegart.
  • Marga do Val – Por qué escribir unha obra de teatro sobre Hildegart.
13:00 – 14:00 ROTEIRO E HOMENAXE POPULAR A HILDEAGART

16:00 – 17:15 PONENCIAS DOS TRABALLOS PRESENTADOS
  • Miguel Ángel Pradera – Reflexiones para una adecuada contextualización histórica de Hildegart.
  • Jean-Louis Guereña – Hildegart y la reforma sexual en la Casa del Pueblo de Madrid.
17,30 – 18,45 PONENCIAS DOS TRABALLOS PRESENTADOS
  • Blanca Quintanilla – Hildegart, la aniquilación de una rebelde.
  • Olga Roig López – Aurora Rodríguez y Hildegart, dos vidas marcadas por la disciplina.
  • Guillermo Rendueles Olmedo – Aurora Rodríguez y su doble manicomial.
19:00 RECITAL DE POESÍA
  • Carmen Blanco – “Hildegarts vivas nas carballeiras: miles de mulleres para outras auroras”.
  • Actuación musical por determinar.
21:00 CLAUSURA DO CONGRESO.


Exposicións
En paralelo ao Congreso, haberá instaladas no Ateneo dúas exposicións relativas a Hildegart Rodríguez Carballeira:

  • Unha exposición de 16 paneis sobre a vida e a obra de Hildegart Rodríguez Carballeira, que fará un percorrido pola súa traxectoria vital e recollerá tamén noticia das 14 obras publicadas por Hildegart na súa vida, e doutra 14 obras feitas arredor da súa vida e obra, por outros autores, despois da súa morte.
  • Unha exposición de obxectos sobre Hildegart Rodríguez Carballeira, con libros escritos por Hildegart, así como publicacións periódicas, documentos e obras relativas aos movementos nos que Hildegart estivo implicada.

Outros actos

Xoves, 4 de decembro

Na Coruña, a Casa Museo Casares Quiroga acollerá unha presentación do congreso o día 4 de decembro ás 20.00 horas, a cargo de representantes da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica e o Ateneo Ferrolán, entidades organizadoras da cita, e de algunha das investigadoras ou investigadores especializados na figura de Hildegart.

Martes, 9 de decembro

No Ateneo de Madrid terá lugar un acto de homenaxe á pensadora e feminista Hildegart Rodríguez Carballeira o día 9 de decembro, ás 19.30 horas, organizado polo Ateneo Ferrolán, Ateneo de Madrid e a Cátedra de Memoria Histórica del Siglo XX da Universidad Complutense. Na capital española falarán representantes destas tres entidades así como a popular feminista Lidia Falcón. O acto quere lembrar que o día 9 do mes de decembro de 1914 tivera lugar o nacemento de Hildegart en Madrid, cidade onde desenvolveu a súa vida e onde foi asasinada o 9 de xuño de 1933.

Web oficial do Congreso:
http://congresohildegart.ateneoferrolan.org/

Enviado por:
Congreso Hildegart - Ateneo Ferrolán
-congresohildegart@ateneoferrolan.org-
30 de novembro de 2014 21:24
_____________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon