A RGT convoca o V Certame de Banda Deseñada sobre Teatro
Na súa quinta edición, o concurso toma como base a obra 'Imundação', de Marta Freitas.
A Asociación Cultural Entre Bambalinas, editora da Revista Galega de Teatro, convoca o V Certame de Banda Deseñada sobre teatro que este ano estará dedicado ao texto 'Imundação', da dramaturga portuguesa Marta Freitas. Deste xeito, a RGT quere contribuír á difusión da dramaturxia contemporánea e a tender pontes entre a creación lusófona.
As persoas interesadas en participar teñen de prazo até o 9 de xaneiro de 2015 para presentar a súa adaptación nunha única páxina da escena 34 da citada obra.
O autor ou autora do traballo gañador recibirá o encargo de adaptar o texto completo para a edición que a RGT realizará en marzo de 2015.
Ademais da edición do traballo, o premio conta cunha dotación económica de 600 euros.
O texto, que foi editado no nº. 73 da RGT, pode ser consultado ou descargado na sección TEXTOS da web da revista ou solicitándoo nas librarías.
Ao longo dos últimos anos, a colección de obras gañadoras do Certame de Banda Deseñada sobre Teatro Galego lanzada pola RGT conta coas seguintes publicacións:
Revista Galega de Teatro
Gonzalo
-revistagalegadeteatro@mundo-r.com-
2 de dezembro de 2014 18:36
_______________

- 'Doentes', de Brais Rodríguez (a partir da peza homónima de Roberto Vidal Bolaño).
- 'Hámster', de Diego Campos Omil (a partir da peza homónima de Santiago Cortegoso).
- Belicosario, de Juan Molina Fernández (a partir da peza homónima de Manuel Lourenzo).
- '2132', de Diego Blanco (a partir da peza homónima de Roberto Vidal Bolaño).
Revista Galega de Teatro
- Apdo. Correos 210 - 36940 CANGAS DO MORRAZO (Pontevedra)
- Web: www.revistagalegateatro.com
- Blog de Crítica da RGT: http://rgtcritica.wordpress.com/
- Facebook: www.facebook.com/people/Rgt-Galega-Teatro/100000989058585
- E. Mail: revistagalegateatro@hotmail.com
- Tfno.: 626 839 675
Gonzalo
-revistagalegadeteatro@mundo-r.com-
2 de dezembro de 2014 18:36
_______________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon