sábado, decembro 06, 2014

A Revista Galega de Teatro presenta o seu espazo de crítica no Culturgal


A Revista Galega de Teatro presentará o seu blog de crítica teatral  o día 7 de decembro a partir das 17.30 horas no Pazo da Cultura de Pontevedra dentro da programación do Culturgal coa actividade: “A RGT como servizo público: crítica, edición e documentación teatral”. O acto contará coa participación dos críticos Manuel Xestoso e Roi Vidal, a actriz Mónica Camaño, o tradutor Henrique Harguindey e o director da RGT, Antón Lamapereira.

O acto, que terá lugar no espazo FORO da Feira das Industrias Culturais comezará coa conversa cos críticos Manuel Xestoso e Roi Vidal, guiada pola actriz Mónica Camaño. A partir das 18.00 horas, o evento centrarase na presentación do último número da RGT en papel (nº80) e o seu traballo de difusión da dramaturxia contemporánea. Neste caso, a actividade estará guiada polo director da publicación, Antón Lamapereira e o traductor Henrique Harguindey, encargado de traducir do francés ao galego a peza “Arelantes”, de Wajdi Mouawad que inclúe o número presentado.


Blog de crítica teatral:
http://rgtcritica.wordpress.com/

A presentación terá lugar o Domingo 7 de decembro ás 17.30 no Pazo da Cultura de Pontevedra.
Máis información:
Manuel Xestoso: 619 76 66 05
Antón Lamapereira: 626 8396 75


Revista Galega de Teatro
Enviado por:
Gonzalo
-revistagalegadeteatro@mundo-r.com-
5 de dezembro de 2014 17:55

_______________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon