Por Amadeo Varela [*]
16.08.2014
Seica vai en serio a idea de usar o gas natural licuado para a navegación dos buques mercantes. E unha outra vez, faise unha louvanza da estratéxica situación de Navantia e Reganosa. De novo preséntase a situación da planta de gas dentro da ría como un acerto dos responsables de semellante falcatruada, acerto que só estivo para algúns no descarado negocio especulativo que o proxecto supuxo. Mais o que non poden agachar é o acerto que suporía situar a planta no porto exterior, de xeito que os buques poderían descargar mercadoría e cargar combustible á vez, co conseguinte aforro de tempo e cartos para os armadores e un considerable aforro de riscos, por non ter que entrar cargados no perigoso canal da nosa ría. E por suposto, Navantia seguiría a ter as mesmas oportunidades de construción e reparacións. A cousa semella moi clara, se pensamos coa cabeza. Pero hainos que pensan cos petos e eses non caeran da burra doadamente, senón que haberá que tiralos. Coa lei na man, claro.
Publicado no Diario de Ferrol | 03.12.2014.
Foto: Navantia e enfrente Reganosa, a pouco máis dun quilometro.
[*] Amadeo Varela Rodríguez -Ferrol 1936, foi traballador de BAZAN, é o autor de "Recordos do vello Racing" publicado no 2000, "Bazan e Ferrol - Unha simbioses perfecta?" (a historia dunha época, "... detrás de cada barco que nace, hai moitas horas de esforzo. Nesa tarefa, miles de traballadores foron gastando a súa saúde e a súa vida") publicado no 2003 e coautor de "Retallos da Memoria II" ("Memorias de neno" sobre a súa vida de pequeno nunha familia republicana perseguida), publicado no 2009. Autor de numerosas cartas e artigos na prensa local. Autor de sitios na rede sobre Ferrol. Cofundador da Asociación San Fernando para defender o Patrimonio Histórico do barrio ferrolán de Recimil contra a súa pretendida demolición, membro do Colectivo Recimil co que promoveu a Plataforma Ártabra 21 e a Plataforma en Defensa dos Espazos Públicos. Na actualidade forma parte do Colectivo Ártabra 21.
---
Axuda economicamente ao CCE mercando Lotería de Nadal. Que vai tocar !
O COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA PARA A RÍA DE ERROL, TAMÉN NECESITA NESTES MOMENTOS AXUDA ECONÓMICA, PARA CONTINUAR COS PROCESOS XUDICIAIS E ADMINISTRATIVOS ABERTOS: COLABORA.
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
Enviado por:
comitecidadan
-comitecidadan@gmail.com-
3 de dezembro de 2014 12:43
Interesante artigo de Amadeo Varela, publicado hoxe en Diario de Ferrol.
_______________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon