SR. ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE MIÑO
ASUNTO: Alegacións a Modificación puntual nº3 do PXOM do proxecto de urbanización do sector de solo urbanizable R – 3 - O Piñeiro no Concello de Miño
Miguel Ángel Fernández Pérez, con documento de identidade nº XXXXXXXX-X, Secretario do Núcleo Comarcal (bisbarras de Ferrol, Eume e Ortegal) da asociación ecoloxista VERDEGAIA (CIF.: XXXXXXX), con enderezo para os efectos de notificacións no Apartado de Correos nº 14 de Ferrol, c.p. 15480, comparece e como mellor proceda en dereito,
EXPÓN:
Que por medio do presente escrito o N.C. de VERDEGAIA (bisbarras de Ferrol, Eume e Ortegal) formula as seguintes ALEGACIÓNS á Modificación puntual nº3 do PXOM do proxecto de urbanización do sector de solo urbanizable R - 3- O Piñeiro no Concello de Miño, tras someterse a información pública durante vinte (20) dias naturais contados desde o seguinte ao da súa publicación:
1.- O proxecto de urbanización do Monte Piñeiro (S. Uble r-3) executaríase sobre unha ampla superficie agreste susceptíbel de ser aproveitada como unha grande área verde tan necesaria na vila de Miño, destinada ao lecer da veciñanza e a actuar como freo do descontrolado avance urbanístico cara a Marisma e cara a Praia Grande de Miño. Debido á nefasta e insustentábel política urbanística levada a cabo ata a data, antepoñendo os intereses das empresas inmobiliarias aos intereses xerais e ao benestar da veciñanza, o Concello de Miño carece de suficientes espazos verdes públicos, tal e como se recoñece na unidade de diagnóstico do documento de inicio de Modificación puntual nº3 do PXOM do proxecto de urbanización do sector de solo urbanizable R - 3- O Piñeiro. O sistema de espazos libres contemplado no proxecto para amortecer o impacto ambiental da nova urbanización sobre a Marisma de Baixoi e a Praia Grande de Miño resultaría insuficiente para acadar este obxectivo e satisfacer a demanda de amplos espazos verdes públicos. Ademais, nestas zonas non se respectaría a orografía natural do terreo, senón que se efectuarían movementos de terra para homoxeneizala, destruíndose a cobertura vexetal natural.
Por outra banda, o volume de edificacións que se pretende levar a cabo no Monte Piñeiro suporía un incremento da poboación da vila nun 30 %; proporción que non se corresponde coa taxa de natalidade actual nin coas previsións dun hipotético aumento da poboación procedente doutros concellos ou mesmo doutros países. En realidade, trátase máis ben doutra operación inmobiliaria que persegue un beneficio económico inmediato e curtopracista. Polo tanto, consideramos inxustificado, en termos ambientais e de benestar social, o proxecto de urbanización do sector de solo urbanizable R - 3 - O Piñeiro. En ningún caso este proxecto vela por los intereses de toda a cidadanía de Miño, dende o punto de vista ambiental, social, etc, como se deduce deste documento de inicio de Modificación puntual nº3 do PXOM do proxecto de urbanización do sector de solo urbanizable R - 3- O Piñeiro.
Neste documento de inicio de Modificación puntual nº3 do PXOM do proxecto de urbanización do sector de solo urbanizable R - 3- O Piñeiro, considérase como positivo o desenvolvemento urbanístico do sector que suporía beneficios para a estrutura urbana de Miño, e que suporía melloras na mobilidade urbana e un maior acceso a equipamentos e espazos libres. En realidade, a substitución da urbanización proxectada no Monte do Piñeiro por unha grande área verde arborada reportaría unha maior calidade de vida aos habitantes da Vila de Miño, satisfacendo a demanda de amplos espazos verdes públicos actualmente inexistentes, mellorando a estética da vila e a calidade paisaxística do municipio, e actuando como "pulmón verde" para contribuír a mitigar a polución atmosférica que se xera sobre o núcleo urbano. Deste xeito tamén quedaría completada a estrutura urbana de Miño, dado que se incorporaría un novo elemento moi necesario, até o de agora inexistente, rachando coa política uniformadora do núcleo consistente na edificación do máis mínimo recuncho.
Tamén neste documento de inicio de Modificación puntual nº3 do PXOM do proxecto de urbanización do sector de solo urbanizable R - 3- O Piñeiro considérase positivo que “os novos usos residenciais e dotacións poderán acoller a un futuro aumento da poboación de Miño e que melloraría a oferta de vivendas cunha proposta de urbanización que priorizaría a calidade de vida,” mais non se ten en conta que, se a poboación é maior, será tamén maior o consumo de recursos, o consumo enerxético e a xeración de polución, polo que non se pode considerar como un aspecto positivo, polo que é moi cuestionable que se vaia mellorar a calidade de vida coa nova urbanización.
Por conseguinte, non se pode concluír que o proxecto de urbanización do S. Uble r-3 O Piñeiro sexa viable e compatible coa conservación e protección dos elementos do medio ambiente e recursos naturais como se deduce que afirma o documento de inicio de Modificación puntual nº3 do PXOM do proxecto de urbanización do sector de solo urbanizable R - 3- O Piñeiro.
2.- Por outra banda, o proxecto de urbanización do sector de solo urbanizable R - 3 - O Piñeiro levaríase a cabo nas inmediacións da Marisma do Baixoi, da Praia Grande de Miño e da Enseada de Bañobre, moi próximo ao L.I.C. Betanzos-Mandeo, incrementándose máis aínda a presión humana sobre ditos espazos, o que podería supoñer unha merma significativa da súa viabilidade como hábitats axeitados para o desenvolvemento da flora e da fauna silvestres. Débese ter en conta que a meirande parte dos terreos do contorno da Marisma do Baixoi e da Praia Grande de Miño están ocupados na actualidade por diferentes tipos de edificacións e de infraestruturas viarias (camiño de ferro, AP-9, etc) que contribuíron á degradación de ditos espazos (sen contar cos prexuízos ambientais dos monocultivos de eucaliptos existentes na contorna) ao non gardaren unha distancia prudente. De non poñer freo á situación, ditos espazos naturais acabarán "afogados" polo asfalto e o cemento, ata o punto de perder o seu potencial biolóxico. De feito, recoñécese que a Marisma do Baixoi ten sufrido o vertido de augas residuais sen depurar ate que foi posta en marcha a Estación Depuradora de Augas Residuais Urbanas e ten recibido un sobreaporte de sedimentos arxilosos e de cantos a través do rio Xario o Vidrieiro. Todo elo explica o estado de degradación no que se atopa marisma do Baixoi. Estes verquidos afectaron tamén á Praia Grande de Miño e aos bancos marisqueiros existentes. Sendo a clasificación da contaminación por bacterias fecais destas zonas como clase B nos meses de outubro a maio e zona C, (a máxima de contaminación, dos meses de xuño a setembro debido ao grande aumento de turistas neses meses. Entre as posibles afeccións do proxecto á Marisma do Baixoi, prevese a posíbel chegada de augas de escorrentía con materiais sólidos e contaminantes durante a fase de construción, advertíndose que as repercusións afectarían os procesos de sedimentación da marisma, a súa vexetación e sobre todo a súa fauna. Na fase de funcionamento da urbanización a marisma tamén recibiría augas residuais deficientemente tratadas procedentes da E.D.A.R. en Ponte Baixoi. Tamén se prevé que o funcionamento do sistema de drenaxe artificial de pluviais implique un cambio no gradiente de salinidade da marisma, cuxos efectos presentarían un alcance indeterminado, afectando a todas as variábeis bióticas. Prevese tamén que a vexetación e a fauna se vexan afectados polo aumento de sólidos en suspensión e polo aumento dos niveis de ruído. A Praia Grande de Miño, a Praia da Riveira e o L.I.C. Betanzos-Mandeo tamén poderían verse afectados polas mesmas causas.
O artigo 3 da Lei 9/2001, do 21 de agosto, de Conservación da Natureza, establece que: "Tódalas administracións, no ámbito das súas competencias, asegurarán o mantemento, a protección, a preservación e maila restauración dos recursos naturais, con independencia da súa titularidade ou réxime xurídico, garantindo que a xestión daqueles se produza sen mingua da súa potencialidade e compatibilidade cos fins da súa conservación". No mesmo sentido exprésase o artigo 2 da Lei 4/1989, do 27 de marzo, de Conservación dos Espazos Naturais e da Flora e Fauna Silvestres ao dispoñer que: "2. Las Administraciones competentes garantizarán que la gestión de los recursos naturales se produzca con los mayores beneficios para las generaciones actuales, sin merma de su potencialidad para satisfacer las necesidades y aspiraciones de las generaciones futuras" e que "3. Las Administraciones Públicas, en el ámbito de sus competencias, velarán por el mantenimiento y conservación de los recursos naturales existentes en todo el territorio ..., con independencia de su titularidad o régimen jurídico, atendiendo a su ordenado aprovechamiento y a la restauración de sus recursos renovables".
3.- Un incremento innecesario da edificación na zona, ademais dun maior consumo de auga e de enerxía, implicaría tamén unha maior xeración de residuos de todo tipo, e moi especialmente de augas residuais, correndo o risco de que a Marisma do Baixoi acabe contaminándose nun breve espazo de tempo ao verse incrementados os efluentes da E.D.A.R. da Ponte Baixoi coa conexión da nova urbanización que se pretende no Monte Piñeiro, dado que a capacidade desa depuradora veríase limitada para tratar de xeito eficiente un excesivo caudal de efluentes. Débese ter en conta que á capacidade prevista inicialmente para dita depuradora, que era de 5.000 habitantes (parroquias de Perbes, Vilanova, Castro e Leiro), engadíronselle os efluentes procedentes da urbanización "Costa Anácara" ou "Costa Miño" e do polígono industrial de Vidrieiro (Pontedeume), que no seu conxunto equivalen a 20.000 habitantes. Como se pode ver na páxina do Sigre, nos meses de xuño a setembro existe na desembocadura do Baixoi e Praia Grande de Miño, contaminación por bacterias fecais coa clasificación de zona C. Coa incorporación da urbanización S. Uble r-3 O Piñeiro, é evidente que a E.D.A.R. de Ponte Baxoi non tería suficiente capacidade para tratar de forma axeitada toda esa carga contaminante. No caso de avaría ou de calquera situación anómala, habería que liberar os efluentes sen tratamento previo ao Rio Baxoi, afectando á marisma e á praia de Miño. En calquera caso, a depuradora debería terse situado noutra zona da ría onde as correntes mariñas e a existencia de maior caudal poidan diluir con facilidade os efluentes previamente tratados, axudándose a instalación dun emisario submariño.
Xa no apartado 4 do documento de síntese do E.I.A., relativo ao inventario ambiental (unidade ambiental 2), chegábase a recoñecer que "La vegetación de las zonas húmedas presenta una valoración media-alta, puesto que se trata de una formación singular, aunque su estado de conservación se encuentre muy deteriorado (afirmación que non se corresponde coa realidade) y con una capacidad de amortiguar los impactos relativamente baja".
De acordo co apartado 3.1.2.3. do E.I.A., relativo aos espazos naturais, na Marisma do Baixoi están presentes os seguintes hábitats de interese comunitario:
- 1140. Chairas lamacentas ou areosas que non fican cubertas de auga na marea baixa.
- 1310. Vexetación anual pioneira con Salicornia e outras especies de zonas lamacentas ou areosas.
- 1330. Pasteiros salinos atlánticos (Glauco-Puccinellietalia maritimae).
O establecemento de medidas correctoras para mitigar o impacto acústico só se centra na fase de construción, non aportando solucións para a fase de funcionamento.
4.- Sobre a calidade paisaxística do Monte do Piñeiro, trátase dunha zona elevada completamente agreste, encostada a unha vila saturada de edificacións e de infraestruturas viarias que carece de amplos espazos verdes urbanos.
O Monte do Piñeiro constitúe unha unidade cun alto valor paisaxístico susceptíbel de ser aproveitado como o grande "pulmón verde" da Vila de Miño:
preservando a vexetación arbórea e arbustiva autóctona e substituíndo as masas de eucaliptos por outras especies arbóreas autóctonas ou por outras alóctonas de carácter ornamental que non sexan consideradas como especies invasorasObxectivamente, a urbanización que se pretende no Monte do Piñeiro non é máis que outra operación inmobiliaria para obter un beneficio económico que, lonxe de mellorar a calidade de vida da poboación, implicaría un consumo innecesario de recursos, un incremento do ruído e da contaminación ambiental, etc, estragando o único grande espazo verde de carácter urbano para o lecer da cidadanía.
substituíndo a rede viaria proxectada sobre o Monte Piñeiro para dar servizo á urbanización que se pretende por unha rede de camiños e carreiros peonís, aproveitando os xa existentes, co obxecto de fomentar o paseo a pé e mesmo en bicicleta instalando mobiliario urbano para zonas verdes (bancos e papeleiras de madeira, xogos infantís, ...), etc.
Reiteramos unha vez máis que o sistema de espazos libres previsto no proxecto para amortecer o impacto ambiental da nova urbanización sobre a Marisma do Baixoi e a Praia Grande de Miño, así como para satisfacer a demanda de zonas para o lecer, resulta insuficiente. Para que dera resultado o efecto "colchón" do sistema de espazos libres, en canto ao impacto paisaxístico, as edificacións proxectadas non deberían ser percibidas desde ningún punto da ribeira oposta da Marisma do Baixoi, na zona de Bañobre. Débese ter en conta, tamén, o impacto dos movementos de terra previstos para homoxeneizar a orografía natural do terreo e dos taludes que se orixinarían na construción da rede viaria (vsg-01, v-01 e v-02) e dos aparcadoiros proxectados nas inmediacións da marisma, cuxo impacto visual sería percibido desde diferentes puntos do devandito humedal; ao que habería que engadir o impacto visual nocturno do alumeado público que se instalaría en ditos viais.
En opinión de Verdegaia, as únicas zonas do Monte Piñeiro nas que se podería tolerar a edificabilidade son as cualificadas no proxecto como Zona Residencial de Viviendas Unifamiliares, Sistema Local de Espazos Libres e Zonas Verdes Públicas e Sistema Local de Equipamentos Comunitarios Públicos no sector suroeste do devandito monte, encostadas á vila, sempre que se faga de forma gradual e se axuste ás necesidades reais de expansionamento da vila. O resto do ámbito, contemplado no proxecto como Zona Residencial Colectiva Libre, Espacio Libre Privado asociado a la Edificación Residencial, Zona Residencial Colectiva Sujeta a algún Régimen de P. Pública, Espacio Libre Privado, etc., debería designarse como Sistema Local de Espazos Libres e Zonas Verdes Públicas ademais de Sistema Local de Equipamentos Comunitarios Públicos co obxecto de crear ese grande espazo verde público que vén propoñendo Verdegaia.
Por outra banda, considerando que a Dirección General de Costas (Ministerio de Medio Ambiente), a través da Demarcación de Costas en Galicia, aínda está a elaborar un proxecto de recuperación ambiental da Praia Grande de Miño e que a maioría dos aparcadoiros existentes na actualidade están situados en Dominio Público Marítimo-Terrestre (D.P.M-T.), as zonas cualificadas polo proxecto como Zona Residencial Colectiva Libre e Espacio Libre Asociado a la Edificación Residencial no sector noroeste do ámbito urbanístico que nos ocupa, deberían reservarse para a construción de novos aparcadoiros alternativos para dar servizo á praia; pois estanse a suprimir os existentes por vulnerar a legalidade. A construción de aparcadoiros alternativos na zona sinalada permitiría retirar os vehículos estacionados no D.P.M-T. durante a tempada estival e agochalos tras os edificios existentes, mitigando o impacto visual dos mesmos, por exemplo. En calquera caso, debería consultarse á Demarcación de Costas o emprazamento alternativo que ten previsto para estacionar os vehículos fora do D.P.M-T.
5.- No relativo á fauna, na área de estudo están presentes, entre outras, as seguintes especies:
Anfibios:Parte das especies presentes na área de estudo, amparadas por algún tipo de protección ou de clasificación, distribúense por zonas de bosquetes mixtos, eucaliptal, mato así como cultivos e prados, que son os biótopos faunísticos que se corresponden co ámbito no que se pretende desenvolver o S. Uble r-3 O Piñeiro. A urbanización do Monte Piñeiro suporía a destrución irreversíbel do hábitat de ditas especies animais. Os anfibios e os réptiles son os que levarían a peor parte.
Trece (13) especies en total, das cales unha (1) está recollida no Anexo II do R.D. 1995/1997 (Especies animais de interese comunitario para cuxa conservación é necesario designar zonas especiais de conservación); nove (9) figuran no Anexo IV do mesmo Real Decreto (Especies animais de interese comunitario que requiren unha protección estricta); dez (10) especies están catalogadas como De Interese Especial polo R.D. 439/90 e catro (4) son endemismos.
Réptiles:
Nove (9) especies en total, das cales unha (1) está recollida no Anexo II do R.D. 1995/1997 (Especies animais de interese comunitario para cuxa conservación é necesario designar zonas especiais de conservación); dúas (2) figuran no Anexo IV do mesmo Real Decreto (Especies animais de interese comunitario que requiren unha protección estricta); cinco (5) especies están catalogadas como De Interese Especial polo R.D. 439/90 e tres (3) son endemismos.
Aves:
Cento vinte e unha (121) especies en total que representan cerca do 50 % das aves inventariadas en Galicia, das cales vinte e nove (29) figuran no Anexo II do Convenio de Bonn (especies en condicións desfavorábeis, cuxa situación require manter e desenvolver estudos sobre o estado da especie) e noventa e tres (93) están catalogadas como De Interese Especial polo R.D. 439/90.
Mamíferos:
Vinte e nove (29) especies en total, das cales tres (3) figuran no Anexo II do R.D. 1995/1997 (Especies animais de interese comunitario para cuxa conservación é necesario designar zonas especiais de conservación); cinco (5) no Anexo IV do mesmo Real Decreto (Especies animais de interese comunitario que requiren unha protección estricta); tres (3) especies están catalogadas como De Interese Especial polo R.D. 439/90 e unha (1) catalogada como Vulnerabel polo mesmo Real Decreto; dúas (2) especies figuran no Anexo II do Convenio de Bonn (especies en condicións desfavorábeis, cuxa situación require manter e desenvolver estudos sobre o estado da especie) e unha (1) é un endemismo.
En canto ás aves, veñen sendo recoñecidas como o principal grupo faunístico indicador da importancia biolóxica dun espazo, gozando o área de estudio de unha diversidade significativa na súa ornitofauna, lembrando que moitas das aves presentes con algún tipo de protección frecuentan biótopos constituídos por bosquetes mixtos, eucaliptal, mato e cultivos e prados presentes todos eles no Monte Piñeiro.
Sobre os mamíferos presentes na área de estudo o apartado 3.1.2.2.2. do E.I.A. destaca a presenza do morcego Rhinolophus ferrumequinum (Morcego Grande de Ferradura), "... puesto que, además de estar incluido en los Anexos II y IV del R.D. 1995/1997, su categoría en el Catálogo Nacional cambió recientemente de "De interes especial" a "Vulnerable", lembrando que dita especie frecuenta biótopos correspondentes a bosquetes mixtos, eucaliptal e mato presentes no Monte Piñeiro.
6.- En canto ao modelo territorial que este proxecto supón para o concello de Miño, evidénciase no propio documento de inicio de Modificación puntual nº3 do PXOM do proxecto de urbanización do sector de solo urbanizable R - 3- O Piñeiro que non é necesaria a construción desta urbanización, pois o 60% das vivenda existentes están baleiras a meirande parte do ano, das que o 25% están baleiras todo o ano. Só un 40% das vivendas do concello de Miño son vivendas principais. Ademais establece o propio documento que a maior necesidade do concello non é a falla de vivendas, senón a maior limpeza das rúas, a mellora das comunicacións e o aumento de zonas verdes.
A demanda de Verdegaia da realización dunha grande zona verde para o concello, queda tamén xustificada no propio documento de inicio de Modificación puntual nº3 do PXOM do proxecto de urbanización do sector de solo urbanizable R - 3- O Piñeiro cando se di que se detecta unha ausencia de zonas verdes que permita o uso recreativo multixeneracional e que ademais responda á demanda existente sobre espazos nos que compatibilizar o uso de animais de compañía.
No propio documento de inicio de Modificación puntual nº3 do PXOM do proxecto de urbanización do sector de solo urbanizable R - 3- O Piñeiro en canto ao diagnóstico do modelo territorial recoñécese que en liñas xerais o municipio de Miño presenta un elevado grado de alteración, que responde á presión urbanística sufrida nos últimos anos, especialmente na franxa litoral. O que reforza a denuncia da construción desta urbanización, unha aberración máis sumada ás urbanizacións "Costa Anácara" ou "Costa Miño".
Por todo o exposto, SOLICITA:
- Que se teña por formulado alegacións ao documento de inicio de Modificación puntual nº3 do PXOM do proxecto de urbanización do sector de solo urbanizable R - 3- O Piñeiro no Concello de Miño.
- Que se informe desfavorabelmente o proxecto e se esixa a retirada do mesmo.
Asdo.: Miguel Ángel Fernández Pérez
Secretario do N.C. de VERDEGAIA
(bisbarras de Ferrol, Eume e Ortegal)
Enviado por:
ferrol@verdegaia.org
-ferrol@verdegaia.org-
26 de dezembro de 2014 13:10
Olá: Remito en arquivo adxunto escrito de alegacións, presentado por Verdegaia Ferrol, contra o proxecto de urbanización de Monte Piñeiro, en Miño. Saúdos, Miguel A. Fernández Pérez (Secretario comarcal).
_______________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon