Son máis de 100 días en Folga, numerosas manifestacións, grande apoio cidadán e político, ... unha demostración de solidariedade de clase, organización e loita. Mesmo a folga chegou ao Parlamento Europeo da man da eurodeputada de AGEe, Lidia Senra. Onte os tribunais concedian-lle unha importante vitoria.
O xulgado do social Nº2 de Pontevedra ditou unha sentenza favorábel á loita das traballadoras e traballadores, pola que considera legal a folga de Lantero.
A resolución xudicial, en primeira instancia, constitúe unha fonte de ánimo para quen leva 102 días de paro indefinido.
A empresa mantiña na demanda a ilegalidade da folga indefinida contra a redución salarial (o 20%) e o ERE de extinción de parte da plantilla da cartoneira de Vilagarcia de Arousa.
Pola mañá parte da plantilla de Lantero participou no pleno do concello de Vilagarcía, para pedir a este que esixa á empresa a renuncia aos despedimentos e a retirada do ERE (expediente de regulación de emprego).
_____________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon