Entrelazados programa divulgativo coordinado e conducido por Xurxo Gago, realizou este mércores un espazo radiofónico dedicado aos 100 anos da agrupación folclórica ferrolán "Toxos e Froles". Programa que se pode escoitar en diferido a través das ondas no 93.9 da FM, o vindeiro Venres 23 de xaneiro de 02:00 a 03:00hs da madrugada, e o domingo, 25, de 09:00 a 10:00 horas da mañá.
No "Especial Real Coro Toxos e Froles" co gallo do seu centenario, puido-se escoitar a canción "Ferrolada", logo "Pandeirada do Grove" e "A Escala", todas elas cancións do seu Cd "100 Anos". Un monográfico sobre a historia desta agrupación folclórica e as entrevistas ao seu presidente Arturo Lamas e aos coristas Manuel Galán e o abandeirado Miguel Vázquez, forman parte do contido do programa que se emitiu en Rádio Filispim, a radio libre e comunitaria da Terra de Trasancos.
___________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon