Onte luns 16 de febreiro ás 12h30 no Monty, praza Papagayo número 2 de A Coruña, houbo unha rolda de prensa para presentar ao Secretario Xeral de Podemos en Galicia, Breogán Riobóo.
O recente elixido Secretario Xeral de Podemos en Galicia anima á “partipacion cidadá” e fundamenta o seu proxecto na “transparencia”.
Tras catro meses dende o inicio da 'Asemblea Sí Se Pode', Podemos remata a súa constitución a nivel interno coa elección dos Secretarios Xerais nos diferentes territorios. No caso concreto de Galicia: Breogán Riobóo. O recén elixido Secretario Xeral fixo un chamamento á particiación cidadá pois é só con esta “apertura de portas e fiestras” como “poderemos cambia a realidade galega”.
Na presentación Breogán Riobóo insistíu en que “Podemos é unha ferramenta para votar e participar non só cada catro anos” e que chegados a este punto, toca “traballar arreo e moi duro” porque hai que mudar o pais “cara unha sociedade máis xusta e unha lítica máis transparente”.
Finalmente “o número de inscritos en Podemos pasou de 15.000 a case 19.000” recalcou novo secretario xeral galego. Con isto quería facerse eco do crecimento que está a vivir a formación en Galicia. Riobóo sinalou nese senso que “Podemos nunca se fixou nas enquisas senón só nas tendencias, e que o verdadeiramente relevante é manter contacto coa sociedade”, o que levou ao catalizador que é Podemos a ser o “referente político galego actual”.
Inés Mallada
Responsable de prensa de Podemos Galicia
Enviado por:
Claro que podemos Galicia - Prensa
-prensa@cqpgalicia.gal-
16 de fevereiro de 2015 19:50
Moi boas! | Hoxe houbo en A Coruña a presentación e rolda de prensa do recente elixido Secretario Xeral de Podemos en Galicia. | Moitas grazas pola súa difusión! | Inés Mallada Contacto de prensa prensa@cqpgalicia.gal 691789282.
_______________
Foto: publicada en 'Praza Pública' baixo licenza Creative Commons by-sa.
Artigos de interese en 'Praza Pública':
- Podemos arranca en Galicia "abrindo as portas" aos movementos sociais | Miguel PardoMiguel Pardo | @depunteirolo. | 16.02.2015 | Acceder.
- A liña oficial imponse e Breogán Riobóo liderará Podemos en Galicia. | Redacción | @prazapublica | 14.02.2015 | Acceder.
A forza de Praza Pública son os seus lectores e lectoras. Praza é un medio da súa comunidade de lectores. A existencia do xornal depende das achegas realizadas por todos nós [+info]. | Licenza Creative Commons by-sa.
__________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon