A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área Sanitaria de Ferrol, convoca a súa Asemblea Plenaria, para o vindeiro xoves 19 de Febreiro de 2015, ás 17:30hs no local da asociación veciñal de Esteiro, na rúa Fernando VI, Bloque I baixo da cidade de Ferrol (Telefono 981933223).
A Plataforma é unha entidade unitaria onde participan máis de 50 organizacións entre colectivos, asociacións, sindicatos e partidos políticos. Que a súa vez participa na Plataforma Galega SOS Sanidade Pública.
O dereito á sanidade pública e universal, é un dereito que día a día están negando desde os gobernos do Partido Popular, tanto desde Central, como desde a Xunta de Galicia. Estes están cuestionando o noso dereito universal, coa súa lexislación restritiva, cos seus copagos e repagos, así como coas privatizacións e o desmantelamento. Queren facer da sanidade un negocio. Queren aplicar na sanidade as políticas neoliberais, de pór os servizos públicos en mans privadas, aplicando xa as directrices das institucións controladas polos neoliberais e os tratados de libre comercio como o Tratado Transatlántico Comercio e Investimentos entre a unión Europea e os EEUU (TTIP). As plataformas en Defensa da Sanidade Pública, teñen como obxectivo combater esas políticas e rescatar para pobo o roubado. A sanidade pública é un dereito non un negocio. As plataformas en Defensa da Sanidade Pública levan desenvolvido unha importante actividade en propostas e mobilizacións, recuperemos ese traballo, esa acumulación de coñecemento e loita e non baixemos a garda, fronte as continuas agresión da dereita neoliberal que nos empobrece e rouba. Participemos na Asemblea Plenaria do vindeiro xoves 19 de Febreiro, ás 17:30hs, no local da asociación veciñal de Esteiro.
A Asemblea Plenaria desenvolvera-se coa seguinte orde do día:
- Aprobación, se procede, ACTA anterior.-
- Situación actual desta Plataforma.
– Baixas .-
- Estado de Contas .-
- COTAS para este ano 2015.- - Acordos tomados en SOS Sanidade Pública o pasado día 22 Xan .-
-Apoio mobilizacións afectados Hepatite C. - Organización de Mobilización aprobada por SOS Sanidade Pública a realizar o vindeiro día 19 de Marzo nesta comarca.
- Organización dunha charla de Manuel Martín- Voceiro de SOS Sanidade Pública-
- Suxestións e preguntas
A Comisión Permanente .-
Secretaría .-
Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol
http://www.plataformadspferrol.blogspot.com
plataformadspferrol@gmail.com
_______
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon