luns, febreiro 16, 2015

Aos 15 anos da morte de Suso Vaamonde - Como hei vivir mañá sen a luz túa? - Volvín à terra pro perdín o amor - Vídeo


Unha lembranza para quen cantou sendo parte do Pobo Traballador Galego.


Presentamos un significativo poema de Bernardino Graña, musicado e cantando por Suso Vaamonde [*].

O himno galego soou cando as cinsas foron vertidas no río, e, coma colofón final, os presentes entoaron o "Volvín á terra pro perdín o amor", de Bernardino Graña, que tan popular fixera en vida Suso Vaamonde. Cabe salientar unhas palabras de Xosé Luís Méndez Ferrín neste acto de despedida: "Suso terá sempre coa súa palabra de esperanza o sentimento de home ceibe". No lugar onde as súas cinsas foron esparexidas érguese hoxe unha placa conmemorativa, ó igual que nalgunha que outra rúa de vilas coma Chapela (Redondela). | Da súa biográfica: Acceder.

Como hei vivir mañá sen a luz túa? -  Volvín à terra pro perdín o amor - Poema de, de Bernardino Graña Música e voz de Suso Vaamonde.


http://youtu.be/9nSTF_xtF44


Como hei vivir mañá sen a luz túa?

Case morto vivín sen coñecerte
aló na chaira seca por absurdas rúas
onde ninguén me soupo dar mornura.
Foi soedade desconforme adentro
e a semente a caír en terra dura.

¿Como hei vivir mañá sen a luz túa?

Erguinme e vinte ó regresar á terra
como se fora todo aquelo un soño
pesado e ti xa foras sempre miña.
Foi outra vez materno en aloumiño
o bico teu na lingua.
E foi de novo corazón adentro
comprender a existencia e a dozura.

Como hei vivir mañá sen a luz túa?

Pero hoxe mesmo o día abriu en medo
entrou na fiestra un sol extraño inmenso
e deixáchesme o leito en mantas frías.
Está a volver agora corazón adentro
a soedade o podre a agonía
a me pinchar as cousas en millóns de pugas
cada minuto en séculos de agullas.

Como hei vivir mañá sen a luz túa?

Graña, Bernardino (1980), Se o noso amor e os peixes... (Vigo: Edicións Xerais)

Enlace aos vídeos de Suso Vaamonde: Acceder.

Foto: en Ourense 1992.

[*] Xesús Vaamonde Polo, coñecido como Suso Vaamonde, nado en Rego do Vargo (Ponte Caldelas) o 20 de decembro de 1950 e finado en Vigo o 16 de febreiro de 2000, foi un cantautor galego [Galipedia].
______________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon