O vindeiro sábado 14 de marzo de 2015, está convocada pola Plataforma Contra a Taxa, unha entrega colectiva de recursos contra o novo recibo da Taxa de depuración e saneamento que terá lugar cunha concentración diante do Palacio Municipal, na Praza de Armas, pola mañá, ás 10:30hs no rexistro xeral do Concello de Ferrol.
Perante esta semana membros da Plataforma Contra a Taxa estiveron en actos realizados en diferentes asociacións veciñais (mércores 4 de marzo, en Santa Mariña; o xoves 5, en Esteiro e o venres 6, en San Xoan), informando polo miúdo da Taxa e a política do goberno municipal do Partido Popular sobre saneamento e depuración, co seu proxecto en execución e os convenios asinados.
Ante o taxazo por un servizo que non se presta, as entidades veciñais e sociais poñen a disposición da cidadanía un modelo de recurso.
O recurso de reposición é gratuíto, non supón custo algún e simboliza a indignación cidadá fronte a taxa-estafa de saneamento. Cantos máis sexamos, máis doado será que retiren a taxa.
Podese recoller o modelo de recurso nos locais das asociacións veciñais, hai que cubrir os datos e achegar unha copia do recibo de cor sepia da Taxa que chegou por correo ordinario a cada fogar. A interposición do recurso non exime do pago.
Se non dan marcha atrás, as entidades integrantes da Plataforma acudirán aos xulgados a reclamar a súa retirada, pero, en ningún caso, cargaremos os gastos xudiciais nas persoas que interpoñen o recurso.
Seguiremos informando polos barrios da cidade.
Quen no se poida desprazar o sábado 14 de marzo, pola mañá (10:30hs) ao rexistro xeral do Concello, na entrega colectiva que pretendemos o máis numerosa posíbel, pode-se entregar o recurso nos locais das asociacións veciñais o a membros das organizacións e asociacións que forman parte da Plataforma ou lévao directamente calquer día da semana ao rexistro.
Entrega masiva de recursos sábado 14 de marzo, a partir das 10:30hs no rexistro do Concello, saneamento si, mais non así.
Enlaces onde se pode Acceder/Baixar o Modelo de Recurso contra a nova Taxa de depuración e saneamento, en diferentes formatos:
- Modelo de Alegacións en formato pdf:
Acceder/Baixar.
- Modelo de Alegacións en formato libre odt de GNU-Linux:
Acceder/Baixar.
- Modelo de Alegacións en formato pivativo doc de microsoft-windows:
Acceder/Baixar.
Artigos de interese en Ártabra 21 sobre a Taxa e o Saneamento en Ferrol: Acceder.
____________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon