Levemos a tarxeta do paro ao concello!! | Temos que facer-nos ver!!
A parte de buscar traballo, atender ás nosas familias, temos que facer un esforzo e dedicar un tempo a cambiar entre todas e todos esta situación. Unha situación onde a corrupción, o abuso dos bancos e a impunidade, vainos empobrecendo á maioría.
Van xa 6 anos desta estafa chamada crise e ningún goberno fixo nada por intentar contratar á xente que estamos no paro. Temos máis poder do que pensamos, se saímos á rúa as 9.000 persoas que estamos no paro no concello de Ferrol, ou as máis de 16.000 entre as tres comarcas Ferrolterra Eume e Ortegal, non lles vai quedar mais remedio que atender ás nosas demandas ou dimitir.
Por todo isto quedamos o xoves dia 5 de Marzo ás 11:30 da mañá diante do edificio da Xunta en Ferrol (Praza Amada Garcia) e marcharemos até o edificio do Concello (Praza de Armas) coas nosas tarxetas do paro ben alta.
... para facernos ver !!O noso obxectivo inmediato é ...
... que non somos números!!
... somos persoas!! ... participa!!
presentar no rexistro da Xunta e nos dos Concellos as seguintes demandas para ser cumpridas polas administracións competentes:
1.- Plan de choque urxente contra o paro contratándonos directamente das listas a 500 persoas.fagámonos ver!! | acode!! | todas e todos facemos falta!!
2.- Renda básica para todas as persoas que estamos no paro e quedamos sen ningún tipo de prestación.
Evento no facebook:
https://www.facebook.com/events/1552724258347801
Declaración Universal dos Dereitos Humanos:
Artigo 22.
Toda persoa, como membro da sociedade, ten dereito á seguridade social, e a obter, por medio do esforzo nacional e da cooperación internacional, habida conta da organización e os recursos de cada Estado, a satisfacción dos dereitos económicos, sociais e culturais, indispensables á súa dignidade e ó libre desenvolvemento da súa personalidade.
Artigo 23.
1. Toda persoa ten dereito ó traballo, á libre elección do seu traballo, a condicións equitativas e satisfactorias do mesmo e á protección contra o desemprego.
2. Toda persoa ten dereito, sen discriminación ningunha, a igual xornal por traballo igual.
3. Toda persoa que traballa ten dereito a unha remuneración equitativa e satisfactoria, que lle asegure, así como á súa familia, existencia conforme á dignidade humana e que será completada, en caso necesario, por calquera outros medios de protección social.
4. Toda persoa ten dereito uníndose con outras, a fundar sindicatos e a sindicarse para a defensa dos seus intereses.
Artigo 24.
Toda persoa ten dereito ó descanso, a gozar do tempo libre, a unha limitación razoable do tempo de traballo e a vacacións periódicas pagadas.
Artigo 25.
1. Toda persoa ten dereito a un nivel de vida axeitado que lle asegure, así como á súa familia, a saúde e o benestar, e en especial a manutención, o vestido, a vivenda, a asistencia médica e os servicios sociais necesarios; ten así mesmo dereito ós seguros no caso de desemprego, enfermidade, invalidez, viuvez, vellez ou outros casos de perda dos seus medios de subsistencia por circunstancias independentes da súa vontade. [1]
ROMPAMOS O SILENCIO,
FAGAMOS-NOS VISÍBEIS.
Á RÚA QUE XA É HORA.
PAN, TRABALLO E TEITO.
RECLAMEMOS O NOSO DEREITO,
A UN TRABALLO DIGNO E DECENTE.
FAGAMOS-NOS VISÍBEIS.
Á RÚA QUE XA É HORA.
PAN, TRABALLO E TEITO.
RECLAMEMOS O NOSO DEREITO,
A UN TRABALLO DIGNO E DECENTE.
"O DEREITO A UNHA VIDA DIGNA É UN DEREITO HUMANO QUE NON DEBE ESTAR CONDICIONADO AO CUMPRIMENTO DE REQUISITOS PREVIOS, INHERENTE ÁS PERSOAS E INALIENÁBEL DA SÚA EXISTENCIA. A RENDA BÁSICA PERMITE ÁS PERSOAS TOMAR AS SÚAS PROPIAS DECISIÓNS SEN ESTAR SOMETIDAS Á NECESIDADE DE VENDER A SÚA FORZA DE TRABALLO EN CONDICIÓNS INACEPTÁBEIS" [2].
MARCHAS DA DIGNIDADE FERROLTERRA
O 21 de Marzo volvemos a Madrid
Publica, twitea, curte, gosta de:
O 25F #EuVou ás manifas de apoio a @GalizaMarcha22M.
#PanTraballoTeito.
#VolvemosaMadrid.
Enlace onde se pode acceder á Folla Informativa da campaña, para ler e difundir, pola rede ou imprimir: Acceder/Baixar.
Enlaces de interese.-
Ferrolterra:
http://marchas-da-dignidade-ferrolterra.blogspot.com.es/
Galego:
http://marchasdadignidade.blogspot.com/
Estatal:
http://marchasdeladignidad.org/
Redes da Columna Galega:
https://twitter.com/galizaMarcha22M
https://www.facebook.com/MarchasDignidade
https://www.facebook.com/groups/265451853621237/
https://www.youtube.com/channel/UCaOvAhPYKR43taxbOKCCreg
PAN, TRABALLO E TEITO !!
Á RÚA QUE XA É HORA !!
---
Notas.-
[1] Transcrición dos artigos 22, 23, 24 e 25 do Texto da Declaración Universal dos DDHH, publicada polo Seminario Galego de Educación para a Paz.
[2] Fragmento do Manifesto do 1º de Maio de 2014, do Espazo EcoSocialista Galego.
_____________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon