Por Rafael Pillado [*]
18.03.2015
A despoboación de Ferrol era motivo do debate público, estes días. O alcalde negaba que os habitantes da cidade fosen 69.300 como di o Instituto Galego de Estadística, afirmando que son 70.549. Sorprendido, ó parecer, afirmaba que “algo hai que cambiar”, e suxería recuperar o sector naval, aproveitar o porto e potenciar a produción da ría. ¡Que magoa que se de conta agora, despois de catro anos!
Francamente, o debate é, por que a poboación ven diminuíndo dende hai anos, sen que os diferentes gobernos puxesen remedio? Por que, en estes perto de catro anos, a caída é dunhas 4.000 persoas? Por que, a perda de valor do patrimonio de tódolos ferroláns, individual e colectivo? Por que non quixeron darse conta antes, do empobrecemento xeneralizado?.
Como di algún dos expertos, pode influír que algúns fosen a Narón, na procura de vivenda máis barata, ou que emigrase un número significativo de militares. Incluso, que non se atendera a política demográfica, para chegar agora o número de habitantes máis baixo da historia. Algúns fóronse e manteñen o empadroamento. Exemplos familiares teño.
Si, é certo, ¡estamos coa poboación máis baixa da historia! Pero isto non caeu do ceo. Vexamos: Os partidos que gobernaron no Estado o longo da transición, adicáronse a dicir unhas cousas mentres estaban na oposición e o contrario cando tiñan nas súas mans o goberno, utilizando subterfuxios. O desenvolvemento económico necesario, pasaba por promesas case sempre incumpridas. Incluso, cando cargamos coa maioría dos custes por catástrofes no mar, outros sacaron rendibilidade, construíndo enormes infraestruturas, e os nosos prebostes mirando para outro lado.
As comunicacións por autovía, chegaron cando o consideraron útiles para eles, e incluso, se desviou a do Cantábrico, para favorecer a outros e impedir que conectásemos coa costa de Lugo. O tren a Prioriño, é utilizado unha vez tras outra, cando chegan as eleccións.
Desprazouse parte importante da Armada, sen que se puxesen en marcha iniciativas que paliasen as consecuencias.
Calquera podía prever que, con actuacións así, acabariamos onde estamos. ¿E onde estamos hoxe?
En primeiro lugar, con un sector naval paralizado e no camiño da desaparición. Primeiro, renunciando a el, na negociación con Europa, que paralizou Astano e deixou enferruxar a súa maquinaria. Incluso, agora que se podería construír para o sector civil, carecemos de proxectos, cumpríndose a sospeita de que ó PP non lle interesa o sector naval público. Segundo, deixando que a Bazán fose perdendo boa parte das súas capacidades, en un proceso de privatización da súa tecnoloxía, prescindindo de capacidade profesional, para privatizar beneficios a traveso da subcontratación. E na práctica, deixándoa que se fose descompoñendo, carente de proxectos, sen contribución do Goberno de novos contratos, e deixando que algúns pertencentes a empresas españolas, fosen a Asia. O que pasa con Pemex, e a demostración de que nos últimos anos, xogaron con nos, coma unha buxaina.
En segundo lugar, a ría de Ferrol. Sábese que os dous grandes partidos estaban de acordo en facilitar que a ría fose lugar de emprazamento de industrias porcas.
Por iso, instalouse a planta de gas, na que estaban involucrados varios partidos, coa excepción de Esquerda Unida. Así o recolle un libro dun conselleiro de Pesca do PP. Pero aínda máis, non se fixo nada por saneala, senón que, se pretendía ocupar aínda máis espacio para novas instalacións industriais. O aproveitamento marisqueiro é moi limitado.
E en terceiro, o porto. Máis atentos á perspectiva de privatizalo que a construír unha plataforma para o transporte internacional de mercadorías. A construción do porto de A Coruña, foi outra iniciativa de competencia co que aquí xa estaba en marcha, acordado entre os dous partidos alternantes no goberno do Estado.
Incluso, na actualidade, os recursos que deberan atender ás necesidades da poboación, son adicados a “hermosear” a cidade, en tanto, cerran cada día comercios, un tras outro, expulsando ó paro a traballadores que levan toda a súa vida aí. Nas calles aparecen por todas partes pobres de pedir, sen que se promovan medidas que dean solución á súa situación desesperada. Claro que tamén se alimentou a proliferación de areas comerciais, acabando con produtores e comerciantes. E seguimos no mesmo camiño.
Si, algo hai que facer. O primeiro consiste en cambiar o goberno municipal, ensimesmado nos cantos de sirena e ausente da realidade. Porque este goberno é subsidiario e da soporte a quen aplican as políticas de recortes na sanidade, ensino, pensións, dereitos e liberdades; cómplice da banca no roubo de preferentes, acribillado por casos de corrupción.
Temos que conseguir concellos ao servizo dos cidadáns, que garanten os dereitos básicos como a alimentación, auga, vivenda, sanidade, ensino, electricidade … Que recuperen para todos os servizos básicos hoxe privatizados para beneficio de uns poucos. Que tomen medidas urxentes cara ó paro galopante, xerando alternativas adquiribles aos concellos, ademais da promoción económica e industrial.
Claro que isto só pode vir da man de quen, comprometidos co a maioría da sociedade, veñen promovendo os movementos sociais, xunto coas forzas políticas progresistas. E non cabe enganarse, sen o compromiso directo dos cidadáns, non hai saída.
Non vai ser posible da man dos vellos aparatos, precisamos candidatura e programa elaborados de forma aberta en contacto directo coa inmensa maioría que padece esta situación. Unidade e compromiso cidadán, son indispensables para producir un cambio político de fondo. Non actuar así, conduce o fracaso colectivo.
Si, algo hai que facer, cambiar de verdade, contar con todos. E é urxente.
Publicado polo en Diario de Ferrol, 15.03.2015
[*] Rafael Pillado Lista, San Cibrao (Cervo) o 12 de xuño de 1942, é Vicepresidente da A.C. Fuco Buxán e membro do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol. Foi un activista sindical e político nos anos da ditadura franquista, sen deixar nunca a súa actividade social e política. Participou no Encontro Social e na Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra. Agora fai-no nas Marchas da Dignidade de Ferrolterra. Escribe artigos sobre a actualidade nos medios locais. Ten escrito un importante e moi interesante libro sobre unha parte da nosa historia recente "O Latexo da vida e da conciencia - Memorias Colectivas de Rafael Pillado - I (Primeiro Volume)".
Enviado por:
A.C. Fuco Buxán Fuco Buxán
-fucobuxan@gmail.com-
16 de março de 2015 07:30
http://www.fucobuxan.net
__________

Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon