Candidatura de Esquerda Unida de Narón
En Esquerda Unida Narón celebramos o pasado xoves día 16 de Abril unha asemblea aberta no local social de A Gándara co obxectivo de levar a cabo unha votación mediante o sistema de lista aberta para configurar a orde da lista dos postos 2 a 21, o cabeza de lista André Abeledo Fernández actual coordinador local de EU Narón xa tiña sido escollido como cabeza de lista en asemblea o pasado 10 de Abril. Finalmente o orde da candidatura de EU Narón para as municipais é o seguinte:
1. André Abeledo Fernández; 2. María Belén Aneiros López; 3. Jorge Juan Rego Gárate; 4. Roberto Villasuso Vázquez; 5. María Belén Iglesias Berrocal; 6. Antonio López Pita; 7. Argemiro Montero Martiño; 8. Carmen María Uriondo Pita; 9. Juan José Teijeiro Couce; 10. María dolores López García; 11. Marcelino Bermúdez Fraguío; 12. Víctor Manuel García García; 13. Tamara López Díaz; 14. Luís Miguel García Pita; 15. Raquel Abeledo Fernández; 16. Rubén Méndez Otero; 17. María Luísa Agra Parada; 18. Manuel Ángel Prados Rego; 19. Rosa Estefanía Fernández Vigo; 20. Xosé María Alonso Luaces; 21. José Manuel Prado Serantes; 22. María Josefa Prado Suárez; 23. Antonio Luís Gómez Sánchez; 24. Miguel Rego Casas.En Esquerda Unida de Narón queremos que esta candidatura sexa a de todas e todos os cidadáns de Narón, e facemos un chamamento a todas as naronesas e naronesas a participar nas nosas asembleas, pretendemos abrirnos a cidadanía para coñecer de primeira man os problemas do noso concello.
Municipalizar
Dende Esquerda Unida Narón non paramos de repetir a importancia de municipalizar, pero por que, e para que?, creemos que a ninguén se lle escapa que cando un concello pon en mans privadas un servizo este servizo pasa a ser un negocio, a empresa privada ten que ter beneficios, e para logralos ten poucos camiños, e todos eles negativos para a cidadanía.
Por unha banda encarecer o servizo, por outra mal pagar e ofrecer emprego precario, ou ben baixar a calidade do servizo.
Nos defendemos que é preciso municipalizar os servizos básicos para conseguir xusto o efecto contrario, abaratar o servizo, conseguir xerar emprego de calidade, e mellorar a calidade do servizo.
O municipalizar estes servizos os beneficios derivados dos mesmos repercutirían directamente no concello, e non quedarían en mans privadas, o xerar emprego de calidade isto axudaría a súa vez a reactivar o consumo, pois un traballador con un salario digno e un emprego fixo pode consumir, a formula é moi simple, e si se quere se pode.
O TTIP non é un tratado, é un atentado
O sábado día 18 de Abril saín a rúa como tanta outra xente para mostrar o meu rexeitamento o TTIP, a do sábado foi unha acción global de protesta contra un "tratado" que é mais ben un ATENTADO contra as liberdades, é realmente un paso mais da ditadura das multinacionais e dos chamados "mercados", este atentado ven disfrazado de "tratado de libre comercio", ven envolto en papel de agasallo, ven a calada e as agachadas, pero é un atentado contra a soberanía dos pobos, contra os dereitos das traballadoras e os traballadores, é un atentado contra a natureza e contra a saúde alimentaría, o TTIP é un elaborado plan de fin de conquista das oligarquías para impoñer a ditadura do capital a todos os niveis das nosas vidas.
Na Praza de Armas de Ferrol eramos pouca xente, pero vin algunha xente que non tiña visto ates, e varias mozas, os que tomaron a palabra o fixeron para dicir cousas moi interesantes, a parte boa que me levo é que hai compañeiras e compañeiros ben informados tentando contar a verdade a cidadanía, a mala é que dende as organizacións que debemos liderar esta loita estamos fallando en algo.
Quédanos tempo, pero non moito.
André Abeledo Fernández
CPL EU NARÓN
Contas de Esquerda Unida Narón no facebook e no twitter.
Achegate xunta Nós, fagamos un novo Concello mais social, mais democrático, participativo e de Tod@s.
Enviado por:
André Abeledo Fernández
-andre1474@gmail.com-
19 de abril de 2015 17:54
19 de abril de 2015 19:05
19 de abril de 2015 19:56
_______________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon