A corrente Socialismo Democrático conformada por militantes de base do PSOE ferrolán denuncia o malgasto de diñeiro público do goberno municipal do PP en obras totalmente innecesarias, propagandísticas e electoralistas como a Cuesta de Mella, a Cidade do Deporte ou a estatua do Cofrade da Rua Real mentras a nosa cidade Ferrol sofre unha grave situación de Emerxencia Social, onde cada día hay mais persoas e familias en paro e sen ningun tipo de prestacion social, pechanse mais comercios e mais mozos/as teñen que emigrar pra atopar un traballo e un futuro dignos.
O Portavoz de Socialismo Democrático Celso Posada denuncia que o Alcalde de Ferrol Xose Manuel Rey Varela e o goberno municipal do PP están unicamente preocupados de que fagan negocio as empresas privadas amigas do PP con obras propagandísticas, electorais, innecesarias e en gañar as eleccións enganando a cidadanía ferrolán coas súas mentiras e os seus incumprimentos e hipotecando o futuro dos ferroláns mentres o seu goberno recorta salvaxemente en políticas sociais, negase a apertura dos comedores escolares nas vacacións e desmantela os servizos sociais e públicos da nosa cidade e despreocupase totalmente da situación dramática na que viven moitas empresas da nosa cidade como Navantia, Poligal, Megasa, FIMO ou as empresas auxiliares de Navantia ou da grave situación na que se atopan moitas familias ferroláns.
En palabras de Posada o goberno municipal do PP e de Rey Varela e o goberno das mentiras, dos incumprimentos, da insensibilidade social, da propaganda, do electoralismo e o peor goberno de toda a historia democrática da nosa cidade Ferrol. Socialismo Democrático exiselle o goberno municipal do PP que se destine unha partida de diñeiro público dos presupostos municipais pra Crear un Plan de Choque Urxente Contra o Paro pra que se contrate a 500 persoas das listas do Paro así como pra Habilitar unha Renda Basica pra todas as persoas que se atopan en paro e sin ningun tipo de prestación social.
Web oficial da corriente a nivel estatal:
http://socialismodemocratico.org/
A imaxe da cabeceira é de RecursosGZ.
Enviado por:
celso posada
-celsoposada2006@hotmail.com-
31 de março de 2015 17:13
_________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon