Día de acción global - 18 de abril do 2015
As Persoas e o Planeta antes que o Beneficio Corporativo
Chamamento de acción global para deter os Tratados de libre comercio e investimentos
Nós, organizacións da sociedade civil, sindicalistas, campesiñas e campesiños, xuventude, mulleres e homes activistas de movementos da Galiza xunto con outras de todas as partes do mundo, chamamos a un Día de acción global a realizarse o 18 de abril do 2015 co fin de parar os acordos de libre comercio e investimentos e promover unha economía que funcione para cada unha das persoas, e para o medio ambiente.
Ao longo das últimas décadas, as empresas transnacionais e os gobernos impulsaron tratados de libre comercio e de investimentos ás costas da cidadanía, vulnerando os nosos dereitos e os do medio ambiente.
Ao longo das últimas décadas, vimos loitando pola soberanía alimentaria, polos nosos bens comúns, pola xestión dos nosos recursos, pola defensa dos nosos empregos, os nosos territorios, as liberdades en internet, mentres esixiamos democracia. No camiño, crecemos como movemento, logramos que escoiten as nosas voces e logramos moitas vitorias.
Entre todas podemos parar os acordos que se están negociando ás nosas costas e traballar para revertir os impactos nocivos dos tratados pasados. Xuntas impulsamos as nosas alternativas que se fundamentan na primacía dos dereitos humanos e na defensa do Medio Ambiente por encima dos privilexios e beneficios das grandes empresas.
Facemos un chamamento á cidadanía ferrolterrán e a todas as organizacións presentes em Ferrolterra a que se mobilicen o 18 de abril contra este tipo de tratados de libre comercio que pretenden facer máis efectivo o trasvase de riqueza cara as elites. Sumámonos cunha concentración en Ferrol, na Praza de Ármas, ás 12:30 horas á diversidade de tácticas e accións solidarias que se preparan a redor de todo o planeta para contribuir a informar buscando a participación e mobilización da xente, rumbo a un novo modelo económico e de comercio que funcione para o beneficio de todas as persoas e o planeta, agora e no futuro.
PLATAFORMA CIDADÁ DE FERROLTERRA CONTRA O TTIP
E-mail: cidadaniacontrattip@gmail.com
Blog: http://ferrolterracontraottip.blogspot.com.es/
Grupo Aberto no facebook: https://www.facebook.com/groups/459321740892228/
Folla Informativa e Convocatoria, para imprimir e difundir, en formato pdf: Acceder/Baixar.
Enviado por:
Plataforma Cidadá de Ferrolterra contra o TTIP Ferrolterra
-cidadaniacontrattip@gmail.com-
10 de abril de 2015 00:22
____________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon