quarta-feira, abril 15, 2015

Lídia Senra Lídia Senra, eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe): "Queremos un proceso constituínte que garanta o dereito dos pobos a decidir"


"Queremos un proceso constituínte que garanta o dereito dos pobos a decidir"
. | Sigue estando vixente a realización dun referendo para que a cidadanía e os pobos podamos decidir. | Lídia Senra sinala que é "un completo anacronismo" que en pleno século XXI a xefatura dun Estado se transmita por herdanza.

A eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), Lídia Senra, rexeitou entrevistarse mañá co monarca español Felipe VI durante a visita que este realizará ao Parlamento Europeo, xuntanza solicitada dende a Representación Permanente de España ante la Unión Europea. Esta mesma decisión foi tomada pola totalidade das deputadas/os que integran a delegación europarlamentaria da Esquerda Plural, onde AGEe está integrada, así como por outras organizacións políticas estatais como Bildu.

Para Senra, "é fundamental que se impulse a celebración dun referendo no Estado Español arredor da existencia da monarquía, que permita á cidadanía elixir libremente a forma de Estado que prefire", ao mesmo tempo que abra un proceso constituínte "que recoñeza o dereito a decidir dos pobos que conforman a súa realidade plurinacional".

Dende AGEe consideramos que é necesario que dende a sociedade europea loitemos con contundencia para definir e traballar por unha democracia plena, real, que a día de hoxe fica diluída baixo unha ditadura financeira que antepón os intereses do Capital por diante dos dereitos das persoas.

Unha estrutura de goberno que realmente resposte ás necesidades e demandas da cidadanía "ten que permitir someter a debate e a sufraxio os elementos esenciais do propio sistema de goberno, en Europa e nos Estados membros", recalcou Lídia Senra, "e para iso é imprescindíbel que garanta o dereito dos pobos a decidir sobre o seu futuro e sobre a maneira en que desexan relacionarse cos Estados dos que hoxe fan parte".

"O actual xefe do Estado non foi elixido por ninguén. En pleno século XXI non ten ningunha xustificación que a xefatura do Estado sexa transmitida por herdanza. É un completo anacronismo", valorou a eurodeputada de AGEe.

"Como nacionalista galega", proseguiu, "dende o Parlamento Europeo teño a responsabilidade de loitar para que a nosa nación poda decidir en pé de igualdade con outros pobos o modelo de Europa que queremos, un modelo que ten que garantir os dereitos da sociedade en xeral e das clases populares en particular, recoñecendo e garantindo tamén especificamente os dereitos das mulleres e resolvendo a actual situación de desigualdade; un modelo dende logo moi afastado do que actualmente representa Felipe VI".

Bruxelas, 14 Abril 2015.

Lídia Senra, eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL)


[*] Lidia Senra, eurodiputada, da Alternativa Galega de Esquerda en Europa, no Grupo Confederal da Esquerda Unitária Europeia/Esquerda Nórdica Verde (AGEe - GUE/NGL).
|
Tlf: 609 845 861
|
lidia.senra@europarl.europa.eu



Máis información en
:
Información baseada na enviada por:
AGEe Europa
ageeneuropa@gmail.com
14 de abril de 2015 18:19

________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon