venres, abril 10, 2015

Próximos actos de Eliximos Narón e apertura do proceso de Primarias de Listas Abertas

Próximos actos de Eliximos Narón e apertura do proceso de Primarias de Listas Abertas

Eliximos Narón Electores (ENE) continúa coa súa rolda de presentacións e diálogo coa veciñanza das parroquias e barrios de Narón. Este fin de semana, xunto á presentación do venres na parroquia d'O Val (Restaurante Marinito ás 19:30 horas).

Na mañá do sábado día 11 de abril integrantes do colectivo acudirán á manifestación convocada para as 12 da mañá polos afectados da cooperativa de Pedroso para defender os seus dereitos e esixir solucións tras 10 meses, sen que socios nin depositantes poidan acceder aos seus aforros.

Na tarde dese mesmo día, no local Social da Solaina, ás 18:00 celebrarase unha asemblea con motivo de presentar a fórmula xurídica adoptada para presentarse ás próximas eleccións municipais. Ademais, procederase á lectura e firma do Manifesto de ELIXIMOS, que deberán asinar todas as persoas que desexen participar no proceso de Primarias para conformar a Candidatura ao concello, e do seu Código Ético que deberán defender e asumir como propio todas as persoas que desexen postularse como candidatos ás Primarias para a elección da lista da Candidatura. A partir de entón ábrese un proceso dunha semana na que todas as persoas interesadas poderán asinar ambos documentos.

Desde o equipo motor de ELIXIMOS invitamos a toda a cidadanía a participar neste proceso de listas abertas que rematará o vindeiro sábado día 18 de Abril cunha nova asemblea que terá lugar novamente no local Social da Solaina, ás 18:00, para proceder á elección das persoas que conformarán a Candidatura Cidadá de Eliximos para as eleccións do próximo día 24 de maio.

Atentamente
O equipo motor de ENE
eliximos@gmail.com

Grupo no facebook:
https://www.facebook.com/groups/Eleximos.Naron/

TODOS OS SÁBADOS ASEMBLEA ÁS 6 DA TARDE NO LOCAL SOCIAL DA SOLAINA (Rúa
Mercedes Freire Lago - A Solaina  - Narón).

Enviado por:
ENE Eliximos Narón Agrupación de Electores
-eliximos@gmail.com-
10 de abril de 2015 08:06

______________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon