martes, maio 05, 2015

A folga indefinida dos falsos autónomos de Telefónica supera o mes, ... Por Martín Cúneo - Caixas de resistencia - Na Galiza a CIG chama á solidariedade coas traballadoras e traballadores en folga das contratas de Telefónica-Movistar


A folga indefinida dos falsos autónomos de Telefónica supera o mes. | A marea azul fai un chamamento a apoiar a folga dos traballadores subcontratados de Telefónica a través das caixas de resistencia.


Por Martín Cúneo [*]
04.05.2015


O 28 de marzo, un grupo de "falsos autónomos" que traballa en exclusiva para Teléfonica-Movistar en Madrid dixo "basta". O desencadenante foi un novo contrato que rebaixaba unha vez máis as súas condicións laborais. Decidiron ir á folga indefinida. O 7 de abril, a folga chegaba a Barcelona. Un mes despois despois a medida de presión continúa.
Para J.M., "falso autónomo" de Telefónica, a folga é "histórica: nunca se produciu neste sector unha folga de tal dimensión, onde se vían afectadas tantas empresas"
Para J.M., un traballador subcontratado de Telefónica, describía a folga como "histórica" nunha crónica persoal: "Histórica porque nunca se produciu neste sector unha folga de tal dimensión, onde se vían afectadas tantas empresas". A "rebelión das escaleiras" chamóuselle, polas características ferramentas que algúns destes traballadores utilizan para as súas reparacións telefónicas. A marea azul chamouse tamén, pola cor corporativo da multinacional española.

Telefónica pasou de ter dez millóns de clientes nos anos 80, a ter máis de 300 millóns na actualidade. Con todo, o crecemento foi inverso no número de traballadores/as: a que fose unha das "xoias da coroa" ten actualmente 50.000 traballadores/as menos que nos anos 90. Uns empregos que foron reemprazados por falsos autónomos, "traballadores de Telefónica-Movistar que traballan nas contratas directas, subcontratas das contratas e os autónomos que traballan para as subcontratas das contratas", uns empregad@s que sofren, segundo J.M., continuos "recortes nos seus salarios, nos seus dereitos e na súa liberdade de expresión".

Rómpese a maldición

Entre as vantaxes para Telefónica de contar con 15.000 traballadores/as que "reciben ordes cada día coma se fosen traballadores asalariados de persoal, pero pagándose eles os seus gastos en roupa, gasolina, vehículos, ferramentas", figuran as dificultades para articular demandas conxuntas fronte ás precarias condicións laborais. Unhas condicións laborais que se renegocian, convenio tras convenio, á baixa. Estes contratos, denuncia J.M., levan a "non ter dereitos e a traballar entre 10 e 12 horas diarias de luns a domingo por un salario en moitos casos de 600 ou 800 euros brutos ao mes". Neste caso, a dispersión das empresas contratadas, subcontratadas e o illamento dos "falsos autónomos" non foi un impedimento para organizar unha medida de forza conxunta para reclamar dereitos laborais.

A folga, impulsada por AST, un sindicato minoritario, foi secundada por CGT e Co.Bas. Posteriormente CC OO e UGT anunciaron paros de 48 horas á semana. Este traballador subcontratado de Telefónica critica a postura dos grandes sindicatos, que "están poñendo paus nas rodas para que esta marea azul se desinche e non consiga os seus obxectivos". Si queren facer algo polos traballadores en folga, di J.M., "que deixen de dilatar a loita e convoquen unha folga indefinida e que nos deixen entrar na mesa de negociación que teñen aberta e onde non hai nin un só traballador/as do sector para poder explicar a nosa situación".

[*] Martín Cúneo, artigos en Diagonal.

Foto: Manifestación dos técnicos de Telefónica-Movistar o 7 de abril en Madrid. / Javier Hernández

Fonte: Diagonal.

Outro artigo de interese en Diagonal:

A rebelión dos escravos de Telefónica-Movistar | Ir a Web.
---

Caixas de resistencia

Os comités de folga están recibindo miles de donacións para poder prolongar a folga e conseguir as súas principais reivindicacións, entre elas a derrogación do actual Contrato Mercantil entre Telefónica e as súas contratas, a equiparación de dereitos laborais aos traballadores/as de Telefónica e a contratación dos "falsos autónomos" como parte do persoal.

Álava: ES38-3035-0061-90-0610063590
Asturias: ES64-2100-5638-56-0200080600
Alicante: ES65 2100 4026 5522 0007 4445
Bizkaia: ES95-3035-0150-09-1500034173
Cádiz: ES67-2100-8540-82-0200091700
Catalunya: ES40- 1491-0001-23-2130519024
Galiza: ES76- 2080-0085-8430-4001-6800
Gipuzkoa: ES09 3008 0251 5031 3672 1424
Huelva: ES04-2100-7173-73-0100075570
Jaén: ES04-0073-0100-5105-3626-8138
Madrid e otros: ES03-2038-1969-69-6000178200
Sevilla: ES81-2100-7337-3102-0005-0792
_____________

Ponse en marcha unha campaña de solidariedade cos/as traballadores/as das contratas de Telefónica en folga. | A CIG-Industria chama a apoiar a loita do persoal adquirindo bonos axuda ou facendo unha achega nunha conta habilitada para tal fin.

Os/as traballadores/as das contratas e subcontratas de Telefónica-Movistar en Galiza continúan adiante coa folga indefinida iniciada o pasado 14 de abril en demanda dunhas condicións laborais e salariais dignas. Para paliar na medida do posíbel as consecuencias económicas que supón para o persoal manter a folga de xeito indefinido vénse de pór en marcha a campaña de solidariedade ‘Fondo Contratas Movistar Galiza’, a través de bonos-axuda e a apertura dun número de conta no que ingresar as contías destinadas aos/ás folguistas.


Cómpre lembrar que o persoal das contratas de Movistar-Telefónica está en folga a causa das paupérrimas condicións de traballo que impón a empresa principal a todas as contratas que prestan servizos na súa rede de aboados/as. A subcontratación en cadea, o emprego de falsos autónomos, un sistema retributivo por produción, o traslado de penalizacións económicas do/a cliente ao persoal, etc... laminan as condicións laborais e de vida do persoal que traballa neste sector até límites intolerábeis. 

Nas provincias de Lugo e Pontevedra os traballadores/as levan xa dúas semanas en folga, mentres que na Coruña suman unha semana máis.

Dende a CIG-Industria faise un chamamento solidario a toda a afiliación e ao conxunto da clase obreira para que colaboren, na medida das súas posibilidades, adquirindo os bonos-axudas que se poden atopar nos locais do sindicato ou facendo un ingreso no número de conta habilitado como Fondo de Resistencia para a folga. O número de IBAN da conta é ES76.2080.0085.8430.4001.6800.

Sen avances na negociación

Doutra banda, dende a CIG-Industria critícase a falta de mediación e o desinterese no conflito por parte do Goberno Galego. De feito, indica Ramón Fernández Alfonzo, a Consellaría de Traballo considera que non hai lugar para chamar as partes a negociar porque a petición procede só dunha das partes, neste caso, a social. A maiores, a Consellaría escúsase na mesa de negociacións constituída en Madrid para obviar a súa responsabilidade.

Esta, apunta Fernández Alfonzo, foi a resposta que a Consellaría deu á pregunta formulada polo BNG no Parlamento Galego, a respecto do conflito nas contratas de Telefónica. Para o sindicalista esta contestación revela que “hai unha coincidencia preocupante entre CCOO, UGT, Movistar-Telefónica e PP, en secuestrar as negociacións nunha mesa de Madrid que manifestamente carece de calquera lexitimación social”.

Fronte a isto, o representante da CIG-Industria lembra que é a autoridade laboral en Galiza a competente para actuar neste asunto e quen debe controlar “os temas de saúde laboral; os traballos en alturas; a presenza dos recursos preventivos e mesmo que exixa que en todas as obras que se fagan con financiamento público, que se subrogue e prohiba a subcontratación en cadea”.

En canto ás negociacións que se deron nos últimos días en Galiza entre Montelnor e a representación do persoal das súas contratas en Vigo, e Liteyca e o Comité de Folga (que representa ao persoal de Lugo, A Coruña, e Pontevedra) non se produciu avance ningún. “O punto sobre os niveis de subcontratación é o atranco que as empresas non están dispostas a tratar. Parece que non están pola labor de fuxir das directrices que mandan de Madrid”, lamenta Ramón Fernández.

Nova denuncia contra Telefónica por vulneración da folga

Á denuncia presentada na Inspección de Traballo hai xa dúas semanas pola CIG-Industria contra Telefónica por vulneración do dereito á folga do persoal das contratas, súmase agora a presentada pola Sección Sindical da CIG en Movistar A Coruña.

No escrito, a Sección Sindical explica que dende hai moitos anos Telefónica ten subcontratado o mantemento das liñas e dos equipos de cliente, avarías e servizo posventa a varias contratas, repartindo as centrais telefónicas entre as mesmas. Porén, dende mediados de abril, a compañía de telecomunicacións está enviando persoal propio ás avarías e a outros traballos que viñan realizando as contratas.

Entendemos que se está tratando de boicotear unha folga legal das contratas e subcontratas o cal contravén a lexislación laboral e viola un dereito fundamental como o de folga”, aseveran. Por isto, demandan da Inspección que obrigue a Telefónica a cesar na súa conduta e levante acta de infracción e a oportuna resolución de condena.

Previamente, a representación da CIG no Comité da Coruña remitira un escrito á dirección de Telefónica solicitando que deixe de enviar persoal propio a realizar o traballo do persoal en folga. Unha petición que non foi atendida.

Fonte: Avante.
___________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon