domingo, xuño 28, 2015

A Marcha Mundial das Mulleres diante do día internacional do orgullo de Lesbianas, Gais, Transexuais, Bisexuais e Intersexuais


MANIFESTO LGTBI


Un ano mais a Marcha Mundial das Mulleres quere apoiar o día do orgullo de Lesbianas, Gais, Transexuais, Bisexuais e Intersexuais, día de reivindicación e denuncia porque, a pesar dos avances conseguidos, o colectivo de LGTBI segue sufrindo a discriminación, o acoso, o rexeitamento e a invisibilidade por unha gran parte da sociedade e mentres non se remate con todo iso seguiremos reivindicando en todo o mundo que o colectivo LGTBI sexa tratado con respecto, igualdade de dereitos e dignidade.

Queremos denunciar que as persoas LGTBI seguen sufrindo acoso nas escolas, nos institutos, no traballo, nos centros de maiores e mesmo nas propias familias.

Que as situacións de acoso, agresión verbal, de exclusión social e de agresión física seguen producíndose con certa impunidade.

Que as lexislacións sobre doazóns de sangue identifican ao colectivo LGTBI con prácticas de risco e nalgúns países como Francia, os homes homosexuais teñen prohibido a doazón de sangue, promovendo a homofobia desde as institucións.

Queremos denunciar que a LGTBIfobia mata, xa que centos de adolescentes suicídanse pola presión e o acoso a que se ben sometid@s.

RECLAMAMOS xunto co colectivo DE LESBIANAS, GAIS, TRANSEXUAIS, BISEXUAIS E INTERSEXUAIS (LGTBI):
Que desde as administracións e institucións públicas se poña en marcha de forma efectiva a lei contra a LGTBIfobia.

Que se traballe na formación do funcionariado (sanitario, administrativo, educativo, xudicial) na igualdade de dereitos e na visibilización de maneira positivo ao colectivo LGTBI con todos os seus dereitos e deberes.

Que se traballe para conseguir escolas seguras onde nenas e nenos poidan vivir con total respecto e liberdade a súa orientación afectivo-sexual, a súa identidade de xénero, así como a da súa familia.

Que se visibilice nas escolas e institutos a diversidade afectivo-sexual e a diversidade familiar nas aulas e que estes temas se traballen de xeito transversal en todos os niveis do ensino, desde infantil ao ámbito universitario.

Que os medios de comunicación e a publicidade se impliquen na visibilidade da realidade LGTBI, en todo o seu espectro e abarcando todas as etapas da vida.

Que as persoas que forman parte do colectivo LBTGI poidan vivir con orgullo a súa realidade afectivo sexual, de identidade de xénero e familiar, e que a poidan visibilizar sen vergoña nin infravaloracións.

Que ningunha agresión homófoba quede impune.
Pero non é só un día de denuncia e reivindicación senón tamén un acto de visibilidade para demostrar que a felicidade conséguese vivindo como se sente, amándose de xeito libre, relacionándose sen tabús e formando a familia que se soña.

Marcha Mundial das Mulleres de Galiza

"As mulleres decidimos"


Coordenadora Local de Ferrolterra da Marcha Mundial das Mulleres
mmmferrolterra@gmail.com
http://www.feminismo.info
https://www.facebook.com/marchamundialmulleres.galiza
https://twitter.com/MMMGaliza

Que é a Marcha ?
A Marcha Mundial das Mulleres é un movimento mundial de accións feministas que reúne grupos de mulleres e organizacións que actúan para eliminar as causas que orixinan a pobreza e a violencia contra as mulleres. Loitamos contra todas as formas de desigualdade e de discriminación sufridas polas mulleres. Os nosos valores e as nosas accións orientanse cara un cambio político, económico e social. Os mesmos que se articulan aoredor da mundialización das solidaridades, a igualdade entre mulleres, entre mulleres e homes, e entre os pobos, o respecto e a valoración do liderazgo das mulleres e o fortalecimento das alianzas entre mulleres e cos outros movimentos sociais progresistas.
________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon