martes, xuño 09, 2015

Unha vez máis o Comité Cidadán de Emerxencia realizou unha acción de protesta e denuncia ante a entrada dun buque gaseiro cargado con miles de toneladas de GNL para a ilegal e perigosa Reganosa - Desta vez era o “LNG Madrid Spirit” - Vídeo

Tags


Era a mañá do luns 8 de xuño de 2015, tirado por catro remolcadores e dous prácticos abordo, entraba o “LNG Madrid Spirit”, polo angosto, sinuoso, de pouco calado e fondo rochoso canle da Ría -de máis de 4,5 Km de longo e 150 m de ancho navegábel entre bollas. O gaseiro fixo o número 195 buque cargado con GNL/LNG que atracou en Reganosa, para descargar as ducias de miles de metros cúbicos de gas natural licuado, aumentando exponencialmente o perigo que xa de por si representa a planta de gas de Reganosa, construída, contra toda racionalidade, no mesmo corazón da nosa Ría, en Punta Promontorio, no Concello de Mugardos. Semellante despropósito, só foi posíbel pola corrupción política e económica que empapou todo o proceso, con tres sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia -TSXG- e unha do Tribunal Supremo, a favor da veciñanza e do movimento social e contrarias ao despropósito gasístico promovido polo Grupo Tojeiro, un dos maiores beneficiados de todo isto.


Mais de novo, o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol realizaba unha acción de protesta e denuncia ante a entrada dun buque gaseiro cargado con miles de toneladas de LNG/GNL para a ilegal e perigosa planta regasificadora.


https://youtu.be/vu5rW0dqiMk

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc
__________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon