luns, outubro 05, 2015

Hoxe, luns 5 de Outubro, a Caravana Feminista que desde o Kurdistán percorre Europa, chega a Ferrolterra - Recebemento, no Catón de Ferrol ás 7 da tarde


A Caravana Feminista que desde o Kurdistán percorre Europa, chega a Ferrol - Recibimento, no Catón de Ferrol ás 7 da tarde


A Coordenadora Local da Marcha Mundial das Mulleres, convoca, este luns, día 5 de outubro, ás 18,30 h, a todas e todos na Estación de Servizo do Polígono Río do Pozo de Narón, para recibir á Caravana e participar na mesma, acompañando-a,  no seu percorrido, até chegar ao Cantón de Ferrol, ás 19 hs, (hai reservado estacionamento no lateral de Afundación).

Acto de recibimento no Catón


No Cantón terá lugar un acto festivo e reivindicativo, presentado pola actriz Helga Méndez, coas actuacións de Airiños de Fene, Cantareiras Xerfa, Maite Dacosta, Lidia India, Eugenia Sanmartín e Eloís e Sergio.

Actos en San Sadurniño e Narón

O martes 6 de outubro, os actos serán en San Sadurniño e Narón (+info) e continuarán por Galicia e Portugal até rematar o día 17 de outubro en Lisboa.


Unha representación galega da Marcha Mundial das Mulleres, na cal van integrantes da Marcha de Ferrolterra, viaxou até Bilbao para incorporarse á Caravana Feminista que desde o Kurdistán percorre Europa e que recibiremos hoxe en Ferrolterra.

http://www.feminismo.info/webgalego/

______________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon