O Instituto Galego de Estatística (IGE), publica hoxe un interesante informe sobre as persoas pensionistas residentes na Galiza; "Pensionistas residentes na Comunidade Autónoma de Galicia - Ano 2014".
O IGE realizou unha explotación do ficheiro de pensións contributivas do sistema da Seguridade Social xestionadas polo Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) e polo Instituto Social da Mariña (ISM).
Os datos que se presentan neste apartado son relativos ao colectivo de titulares de pensións contributivas do sistema da Seguridade Social xestionadas polo INSS e polo ISM, residentes na Comunidade Autónoma. Non se inclúen, aquelas persoas que teñen un sistema de previsión social distinto á Seguridade Social, como por exemplo, os funcionarios de clases pasivas.
"No ano 2014, en Galicia hai 652.477 persoas que perciben pensións contributivas da Seguridade Social, das cales o 50% son mulleres.Sigue sinalando no seu informe:
O 78,9% das persoas que perciben pensións contributivas teñen 65 ou máis anos. Nos homes, o grupo de idade máis frecuente é o de 65 a 74 anos (126.356 persoas), mentres que nas mulleres é o de 75 a 84 anos (102.340 persoas).
O importe medio calcúlase como a media da suma dos importes percibidos en pensións contributivas da Seguridade Social por cada pensionista. En Galicia, no ano 2014, este importe situouse en 848,05 euros, e no caso dos homes é un 37,2% superior ao das mulleres.
Ao comparar o importe medio segundo o sexo e a idade do pensionista pode observarse que os homes teñen importes medios superiores ás mulleres en todos os grupos de idade. Ademais os importes maiores, tanto para homes como para mulleres, atópanse nos grupos de idade intermedios, é dicir, de 55 a 64 anos e de 65 a 74 anos. Nestes dous grupos de idade o importe medio dos homes é un 47,4% e un 45% respectivamente superior ao das mulleres."
"No ano 2014, en Galicia, o 50% dos pensionistas, 326.238 persoas, percibiron un importe medio superior aos 634,4 euros; e o 10% percibiron menos de 404,8 euros.Máis información con interesantes cadros en:
Por sexos a distribución dos importes medios dos homes presenta unha maior dispersión e as diferenzas acrecéntanse nos importes medios máis elevados. Así, máis do 25% dos homes perciben un importe medio superior aos 1.000 euros mentres que no colectivo das mulleres só acadan esta cantidade pouco máis do 10% das pensionistas".
http://www.ige.eu/estatico/estat.jsp?ruta=html/gl/Pensions_ResumoResultados.html
Outra información de interese sobre as pensións na Galiza:
http://www.ige.eu/web/mostrar_actividade_estatistica.jsp?idioma=gl&codigo=0205008
Servizo de Difusión e Información Estatística
Complexo Administrativo San Lázaro s/n
Instituto Galego de Estatística
15703 Santiago de Compostela
Telf: 981 541589 de 9 a 14 horas, Fax: 981 541323
contacto: http://www.ige.eu/catalogo/peticioninfo.jsp
web: http://www.ige.eu
Información baseada na enviada por:
ige.novidades@ige.eu
-ige.novidades@ige.eu-
24 de novembro de 2015 09:58
__________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon