Co lema "A Forza do Noso Pobo", Nós - Candidatura Galega, organiza o seu Primeiro Encontro Nacional Aberto, este Domingo 22 de Novembro, ás 12 do mediodía, no Palacio de Exposición e Congresos, no barrio de San Lázaro dede Santiago de Compostela.
Segundo postan nos seus propios tweets:
- A candidatura 100% galega, sen dependencia de ninguén, feita coas nosas propias mans.
 - Non pediremos créditos bancarios. A campaña pagarémola coas túa achega.
 - Non che enviaremos propaganda electoral á casa. Para que! O voto podes collelo no colexio electoral.
 - Queremos que Galiza teña voz propia en Madrid. Ninguén falará por nós.
 - O pasado foi cousa deles. O futuro é cousa delas. Galiza ten que estar!
 - Gobernemos Nós o noso mar!
 - Queremos vivir do mar. Por iso o vindeiro domingo 15 estaremos no obradoiro cxs mariñeirxs do cerco.
 - Queremos Paz para todos os pobos do mundo.
 - Somos solidarios cos pobos do mundo.
 - Comprometidxs coa nosa lingua.
 - Comprometidoxs co aborto libre e gratuíto.
 - Comprometidxs contra a violencia machista.
 - Queremos traballar na propia terra, non queremos emigrar.
 - Comprometidoxs co aborto libre e gratuíto.
 - Comprometidxs coa igualdade e a diversidade sexual e afectiva.
 - Comprometidxs coa paz para todos os pobos do mundo.
 - Comprometidxs coa sanidade pública gratuíta e universal.
 - Comprometidxs coa cultura galega.
 
O bosquexo de programa foi elaborado en diferentes comisóns e coa participación activa de inscritos de Iniciativa pola Unión. Despois dun proceso hai unha proposta que se someterá a votación de todas as persoas censadas nas primarias que conformaron as candidaturas de Nós - Candidatura Galega. O Luns 23 (20:00 horas) a martes 24 (20:00 horas): votación telemática do programa electoral. Acceder/Baixar proposta de Programa Electoral para o 20D (58 páxinas en formato pdf).
https://youtu.be/lUnDHrwcAfw
Enlaces e Contacto:
https://twitter.com/noscgalega---
https://www.facebook.com/noscgalega/
http://noscandidaturagalega.gal/
https://www.youtube.com/channel/UCfsWeujQ-LVG6s23wWSJC5g/
info@noscandidaturagalega.gal
Enviado por:
Inácio Caranza
-inaciogz@gmail.com-
21 de novembro de 2015 20:07
___________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon