Eliximos Narón denuncia o incumprimento da normativa de paso peonís elevados.
O concello de Narón, no pleno extraordinario do 14 de decembro, aprobou (como unha obra do PAS) a elevación dos pasos peonís nas avenidas da Solaina e Souto Vizoso e na estrada de Castelao, coa desculpa da mellora da accesibilidade, e co único voto negativo de Eliximos, xa que no proxecto presentado non se tivo en conta a Orde de Fomento FOM/3053/2008, que é de aplicación ante a falta de normativa galega.
Como consecuencia:
- A metade dos pasos elevados propostos non cumpren a normativa, por encontrarse en viarios con mais dun 5% de pendente ou localizarse ao comezo da vía.
- Os pasos non presentan as correctas dimensións segundo a normativa.
- Non se contempla a necesaria sinalización vertical previa.
- Non se contemplan os necesarios drenaxes para evitar pozas de auga nas frontes do paso, e que poden dar lugar tanto a perdas de adherencia como a salpicaduras aos peóns.
- Non se contempla a necesaria iluminación adicional que destaque os pasos peonís por riba do resto da calle.
Por outro lado, visitados os pasos propostos a adaptar, xa que na documentación aportada non se incorpora a obrigatoria información co estado actual dos mesmos, vemos que moitos xa son accesibles, ou sinxelamente requiren un pequeno retoque para suavizar os resaltes dos bordos, e isto demostra que o fin das obras é a elevación dos pasos, coa desculpa da accesibilidade.
Eliximos Narón Electores (ENE)
Grupo Mixto do Concello de Narón
Praza de Galicia s/n – Entrechán 15570 Narón (A Coruña)
Telf.: 981337700 - Ext.: 1066 - Móbil: 673141822 / E-mail: grupomixto_ene@naron.esGrupo no facebook:
https://www.facebook.com/groups/Eleximos.Naron/
Web:
http://eliximos.esy.es/
Enviado por:
ENE Eliximos Narón Electores
-eliximos@gmail.com-
15 de dezembro de 2015 16:34
______________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon