CONCENTRACIÓN DENUNCIA ASASINATOS POLÍTICOS ACTIVISTAS KURDAS
O 8 de xaneiro de 2016 realizouse o funeral de tres loitadoras e compañeiras, Pakize Nayir, Fatma Uyar e Sêve Demir, asasinadas polas forzas de seguridade do goberno turco o 4 de xaneiro en Silopi.
Nós, da Marcha Mundial das Mulleres sentímonos en particular moi golpeadas por este crime.Unha delas, Séve Demir, coordinou os eventos de lanzamento dá 4ª acción internacional da Marcha Mundial das Mulleres en Nusaybin.
Como parte da acción internacional, a Caravana feminista europea foi lanzada no territorio kurdo, estivemos no interior da Turquía para apoiar e reforzar ás mulleres kurdas na súa loita pola autonomía e autodeterminación sobre os seus corpos e os seus territorios. Tamén dando visibilidade ás alternativas construídas pola resistencia das mulleres ao sistema capitalista, colonial e patriarcal.
Para denunciar este asasinato político chamamos a toda a cidadanía a protestar fronte ao Consulado de Turquía na Coruña (Linares Rivas, 6) este xoves 21 de Xaneiro ás 20h.
--
'As mulleres decidimos'
Coordenadora Nacional Galega
Marcha Mundial das Mulheres
Marcha Mundial das Mulleres
Rúa Romil, 20, baixo
36202 Vigo-Galiza
Comunicaçom:
http://www.feminismo.info
--
"As mulleres decidimos"
Coordenadora Local de Ferrolterra da Marcha Mundial das Mulleres
- mmmferrolterra@gmail.com
- http://www.feminismo.info
- https://www.facebook.com/marchamundialmulleres.galiza
- https://twitter.com/MMMGaliza
Que é a Marcha ?
A Marcha Mundial das Mulleres é un movimento mundial de accións feministas que reúne grupos de mulleres e organizacións que actúan para eliminar as causas que orixinan a pobreza e a violencia contra as mulleres. Loitamos contra todas as formas de desigualdade e de discriminación sufridas polas mulleres. Os nosos valores e as nosas accións oriéntanse cara un cambio político, económico
e social. Os mesmos que se articulan ao redor da mundialización das solidariedades, a igualdade entre mulleres, entre mulleres e homes, e entre os pobos, o respecto e a valoración do liderazgo das mulleres e o fortalecemento das alianzas entre mulleres e cos outros movimentos
sociais progresistas.
Información baseada na enviada por:
Marcha Mundial Ferrolterra
-mmmferrolterra@gmail.com-
19 de janeiro de 2016 20:59
______________
Enlace relacionado:
Ártabra 21: Tres feministas e activistas kurdas foron asasinadas o pasado día 5 durante unha intervención das forzas policiais turcas no distritio de Silopi, Lidia Senra pide á Comisión Europea que reaccione xa e que lle esixa ao Goberno Turco que estes asasinatos non queden impunes e que respecte as liberdades civís e os dereitos humanos do Pobo Kurdo
___________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon