CONCENTRACIÓN SONORA EN FERROL,
MARTES 12 DE XANEIRO, ÁS 7 DA TARDE
DIANTE DO EDIFICIO ADMINISTRATIVO DA XUNTA
NA PRAZA AMADA GARCIA
MARTES 12 DE XANEIRO, ÁS 7 DA TARDE
DIANTE DO EDIFICIO ADMINISTRATIVO DA XUNTA
NA PRAZA AMADA GARCIA
Un novo LNG Tanker, o "Catalunya Spirit", vai descargar miles de toneladas de gas natural licuado para Reganosa. Un buque gaseiro, de grande porte, con miles de m³ de gas natural licuado (LNG / GLN), vai entrar pola bocana da Ría e cruzará o
angosto, estreito, de pouco calado e de fondo rochoso canle de máis de
4.500 metros (con miles de toneladas de GNL abordo), até chegar ao pantalán de descarga do peirao de punta
Promontorio, situado no termo municipal de Mugardos. Onde Reganosa coa complicidade de políticos sen escrúpulos construíu unha planta de gas que nos ameaza todo-los días, aumentando
exponencialmente esta ameaza sempre que entra na Ría un buque destas
características, cargado para a perigosa e ilegal planta regasificadora
de Mugardos (Punta Promontorio). No caso de entrar, Este buque faría o gaseiro número 204 que descargaría en Reganosa, desde que o fixera o "Galicia Spirit" en Maio de 2007.
Caracterísitcas do buque: Nome.- Catalunya Spirit, Bandeira.- España, Eslora.- 284m, Manga.- 43 m, Calado.-11.5 m, Capacidade.- 138.000 m³ de GNL, Carga.- 135.000 m ³ de GNL
Caracterísitcas do buque: Nome.- Catalunya Spirit, Bandeira.- España, Eslora.- 284m, Manga.- 43 m, Calado.-11.5 m, Capacidade.- 138.000 m³ de GNL, Carga.- 135.000 m ³ de GNL
Diante do aumento da ameaza contra a seguridade e a vida, que supón a entrada do buque gaseiro, xunto á propia instalación da Planta de Gas en Mugardos, o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol convoca unha acción de protesta e denuncia, consistente nunha Concentración Sonora, este Martes ás 7 da Tarde, en Ferrol, na Praza Amada Garcia, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia.
Van facer catro anos, desde que o 11 de Maio de 2012 se ditou a Sentenza polo Tribunal Supremo, onde a planta xa foi declarada ilegal, en sentenza inapelábel. O 15 de Setembro de 2014, foi admitido a trámite, polo Tribunal Supremo, o Recurso de Casación contra a decisión da Xunta de Galicia e o Concello de Mugardos que denegan a nulidade do novo PXOM en execución da mencionada Sentencia.

Tras a Sentenza do Tribunal Supremo, que declara ilegal a localización de Reganosa, esiximos o fin desta ameaza e deste malgasto de cartos públicos. Temos que esixir o seu peche definitivo.
- QUE SE CUMPRA A SENTENZA DO TRIBUNAL SUPREMO XA!
- POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA !!
- CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA !!
- MÓVETE CONTRA A IMPUNIDADE !!
- PECHE XA!!
- PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !!
O COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA PARA A RÍA DE FERROL, TAMÉN NECESITA NESTES MOMENTOS AXUDA ECONÓMICA, PARA CONTINUAR COS PROCESOS XUDICIAIS E ADMINISTRATIVOS ABERTOS: COLABORA.
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc
Información baseada na enviada polo:
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc
Información baseada na enviada polo:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
21 de novembro de 2015 10:17
_______________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon