domingo, xaneiro 10, 2016

Ensaio detección paquete sospeitoso en Reganosa - Denuncia pública do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

Tags


Nota Informativa do CCE sobre o ensaio da deteción dun paquete sospeitoso na planta de gas de Reganosa

Fai escasos días os medios de comunicación daban conta de que, nas instalacións da planta de gas de Reganosa, tiña lugar un ensaio para desactivar un paquete sospeitoso, no que participaban entre outros o grupo Tedax da Garda Civil- especialistas na desactivación de material explosivo-.

Por que se fai este ensaio nas instalacións da planta de gas de Reganosa e non no polígono de Vilar do Colo?.

Non dicían os promotores de Reganosa, durante a campaña publicitaria para impor a relocalización da planta dentro da Ría, que o GNL nin ardía nin estoupaba?

A planta de gas de Reganosa e una instalación perigosa cunha enorme capacidade letal 150.000 Tons de GNL a carón do complexo petroquímico dde Forestal del Atlántico, que almacena 283.000 m³ de combustibles e produtos químicos, con una capacidade enerxética equivalente a 1.800.000 Tons. de TNT, a pouco mais de 100 m do núcleo de poboación de Mehá, a 800m do Arsenal Militar, a 900m do centro de Mugardos etc etc,.

Lembrabamos dende o Comité que a recente explosión na cidade portuaria china de Tianjin levouse por diante a vida de 170 persoas e a destrución e contaminación dunha importante área xeográfica, a potencia segundo os medios da explosión máis potente, foi equivalente a 21 tons de TNT, nun caso semellante de corrupción político-financeira que permitiu a instalación e almacenamento de substancias perigosas a menos de 500 m dos núcleos de poboación.

Recentemente ante a interpelación do grupo parlamentar de AGE no Parlamento de Galicia o Director Xeral da Enerxía, Angel Bernardo Tahoces dicía que a planta de Reganosa era unha instalación legal e segura pois contaba cun plan de emerxencia avalado polas administracións. Un plan de emerxencia exterior que establece unha exigua zona de intervención de tan só 173 m, zona de alerta 213 m, no caso máis desfavorábel, cando as distancias para unha planta coa mesma tecnoloxía e capacidade de almacenamento similar como é a de Bilbao son de 1467 m para zona de intervención e de 3049 m para a zona de alerta.

A planta de gas de Reganosa e unha instalación ilegal e perigosa que carece da Declaración de Impacto Ambiental segundo sentencia do Supremo de maio de 2012, que infrinxe toda a lexislación básica de seguridade industrial e medio ambiental. Os promotores de Reganosa co Goberno da Xunta ddo Sr. Feijoo, 8 anos despois da súa entrada en funcionamento en un novo alarde de desprezo á legalidade, á vida e á Ria pretenden “Legalizala”.

En xullo de 2002, dende o Comité Cidadán nos diriximos as diferentes autoridades europeas e norteamericanas para alertar dos perigos que supuñan a instalación da planta de gas de Reganosa no interior da Ría. Achega-se o citado documento. A corrupción político-financeira, base da relocalización da planta no interior da Ria foi mais forte que a aplicación da normativa nacional e europea esixible.

A ameaza sobre a vida da cidadanía da contorna da Ria é real. Por iso a loita do CCE non cesará ate acadar o peche da actividade da planta ilegal e perigosa de Reganosa

Ferrol a 8 de Xaneiro de 2016

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc

Escrito alerta EEUU / Europa de 2002 | Acceder/Baixar.

Foto: Tecnología Marítima.

O COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA PARA A RÍA DE FERROL, TAMÉN NECESITA NESTES MOMENTOS AXUDA ECONÓMICA, PARA CONTINUAR COS PROCESOS XUDICIAIS E ADMINISTRATIVOS ABERTOS: COLABORA.

Enviado por:
comitecidadan
-comitecidadan@gmail.com-
9 de janeiro de 2016 00:26
_______________


Nota.-
Reganosa ten dous tanques, cada un con 150 mil metros cubicos de GAS NATURAL LICUADO, que ao regasificarse producen 180 millóns de metros cúbicos, de GAS NATURAL A 10 ºC.

Un m3 de Gas Natural Licuado (GNL) que está a 160ºC baixo cero, ao chegar a 10ºC transfórmase en 600 m3 de gas sen cheiro. Coa calor ambiente, unha fuga de GNL produce unha nube de gas, que mata por asfixia. Cando chega a un 10% de mestura co aire, pode entrar en ignición rapidamente e mata ou lesiona gravemente por queimaduras. Estes 180 millóns de metros cúbicos abrasarían quilometros ao redor durante moitos minutos.

Foto: Tecnología Marítima.
______________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon