Este luns 11 de Xaneiro de 2016, vai ter lugar un xuízo en Ferrol, contra a financeira UCI (Unión de Créditos Inmobiliarios), pertencente ao Banco Santander e BNP (Banca Nacional de Paris). O xuízo contra UCI, responde á demanda interposta por Marcos Guerreiro, un obreiro metalúrxico que como outros miles de traballadores estaba empregado na industria auxiliar do sector naval da Ría de Ferrol que está atravesando unha crise histórica. Que para a compra da súa vivenda solicitou en 2006 ao Banco Santander, a través da Unión de Créditos Inmobiliarios (UCI), un préstamo por valor de 116.000 euros e actualmente, nove anos e 50.000 euros despois, debe 116.300 euros. Unhas contas imposíbeis, que só se lle poden atribuír "a intereses usureiros", explica Marcos ao Diario de Ferrol nunha entrevista que foi publicada o pasado 15 de decembro. A demanda de Marcos é contra as cláusulas abusivas no contrato hipotecario, ao aplicar-se-lle perante anos o índice hipotecario IRPH (Índices de Referencia de Préstamos Hipotecarios) [1], que mesmo na actualidade está máis de dous puntos por encima do euribor (2,078).
O IRPH volveu a subir en Decembro de 2015, por segundo mes consecutivo (2,132+0,005:=2,137). A subida é mínima, tan só de 0,005 puntos, pero destaca o feito de que mentres que o Euríbor segue caendo (nun mes pasa de 0, 079 a unha media provisional de 0,059, o 26 de decembro de 2015) e achegándose a cero o IRPH parece estancado e até sobe algunhas milésimas.
Ao subir o IRPH durante dous meses consecutivos á vez que o Euríbor [2] segue perdendo posicións mes a mes, conduce evidentemente a un aumento da diferenza entre ambos índices hipotecarios. Si fai dous meses e tamén o mes anterior, a diferenza entre ambos se situaba por baixo de 2 puntos, agora no mes de decembro, supéraos claramente, concretamente no mes de novembro de 2015 había unha diferenza de 2,053 puntos. Agora, en decembro pasado, son 2,078 puntos de diferencia (2,137-0,059= 2,078) .
O euribor alcanzou durante este ano un mínimo histórico, pechando o ano, con 0,59 puntos. Unha tendencia que, segundo os analistas, manterase o próximo ano e que relaxou os pagos hipotecarios de millóns de familias en todo o Estado. Non é o caso de Marcos Guerreiro, cuxos intereses establecen-se en base ao Índice de Referencia de Préstamos Hipotecarios (IRPH).
Segundo o que conta Marcos ao xornal comarcal ferrolán, actualmente está pagando un 2,81%, máis o 0,65% polo diferencial "algo así como a cualificación crediticia que fai a entidade financeira do prestatario". En total, case dous puntos e medio por encima do euribor. Iso significa que dos 473 euros que paga todos os meses, ... "só 200 corresponden á amortización da hipoteca" ... "Dous anos logo de asinar o contrato, advertín que as letras non só non baixaban, como me dixeron na UCI, senón que subían drasticamente", ... "Cheguei a deber 4.000 euros máis do que asinara", ...
Marcos Guerreiro , segundo explica no Diario de Ferrol, demandou á UCI esixindo a devolución de 39.000 euros "polo que considera intereses abusivos" e a nulidade da cláusula que contempla este IRPH. Marcos asegurou que o que lle explicou o asesor financeiro da UCI "non ten nada que ver co que sucedeu despois" ... "Ninguén asinaría unha cláusula que lle obrigue a pagar máis. Está claro que me enganaron", comenta.
Parece ser que nun principio a entidade financeira intentou desviar a demanda ao Xulgado Mercantil da Coruña, mais finalmente farase cargo do caso o xulgado de primeira instancia número 4 de Ferrol. Será a primeira demanda deste tipo que chegue aos tribunais ferroláns e unha das primeiras en Galiza.
En todo o Estado, existen 1,3 millóns de afectados pola aplicación deste Índice de Referencia de Préstamos Hipotecarios (IRPH), "mais tan só hai 50 sentenzas favorábeis, malia que Galiza é a comunidade menos afectada, só dez de cada mil contratos hipotecarios conteñen esta cláusula. Aínda así, tan só en Ferrol afecta a máis de 400 persoas", publica o Diario de Ferrol, na mencionada nova.
E continua manifestado que "os bancos e caixas vendían eses índices como referencias moito máis estábeis que o euribor. Con todo, a evolución de ambos índices nos últimos tres anos puxeron de manifesto o contrario. Calcúlase que unha persoa que teña asociado este indicador ao seu hipoteca pagará 1.200 euros máis ao ano, no mellor dos casos".
Desde Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol queremos amosar a nosa solidariedade con Marcos Guerreiro, e chamamos a acompañar ao compañeiro o vindeiro luns 11 de xaneiro, diante dos xulgados de Ferrol, ás 13:00hs, contra os abusos bancarios, por unha outra lexislación hipotecaria e bancaria que teña en conta ás persoas primeiro e non os intereses das grandes corporacións financeiras.
Contra o abuso bancario !
Polo dereito a unha vivenda digna e adecuada!
Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra | Está Adherida ás PAHs (17.03.2013) e forma parte da Coordinación Galega de STOPs e PAHs.
Correo-e: forosocialdeferrolterra@gmail.com
Blogue: http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/
Facebook: https://www.facebook.com/StopDesafiuzamentosDeFerrolTerra
Local: Avda. Castelao S/N. | Local de Arméria Soc. coop. Galega | Traseira do Mercado Municipal de Caranza | 1406-Ferrol
[1] Os Índices de Referencia de Préstamos Hipotecarios (IRPH) son indicador en porcentaxe que utilizan as entidades financeiras co que actualizan o tipo de interese das hipotecas con tipos de interese variábeis. O Banco de España publica mensualmente todos os índices a través dunha media das diferentes ofertas do mercado hipotecario que inscribiron os bancos e caixas de aforro. Mais o índice máis utilizado como referencia para as hipotecas a interese variable é o Euribor. | + Info .
[2] O Euribor o índice máis coñecido e utilizado polas entidades financeiras á hora de conceder préstamos hipotecarios, constitúe unha preocupación para moitas persoas que formalizaron unha hipoteca a interese variábel referenciada a ese índice, pois da súa evolución depende a cota mensual da súa hipoteca. O Euribor (Tipo europeo na oferta interbancaria) Este é o índice que deben utilizar os bancos pertencentes á Unión Monetaria Europea cando se prestan diñeiro. Gran parte das hipotecas están referenciadas a este índice. É importante sinalar que o Euribor é o tipo de interese que os bancos se cobran por prestarse diñeiro entre si. Calcúlase cada día pola Federación Bancaria Europea que convoca todas as mañás a 47 entidades bancarias para preguntar-lles, a que prezo están dispostas a ofrecer fondos? A federación recolle as propostas das entidades bancarias, elimina as que se superen por arriba ou por abaixo o 15% e co resto fai unha media aritmética. Esta media é o valor que cada día marca o Euribor. | + Info.
Enlaces de interese:
* Agrupación de Afectad@s polo IRPH | Porque non queremos que nin ti nin ninguén máis sexa o próximo DESAFIUZADO. Porque queremos que o IRPH desapareza en todas as súas variantes e non sirva para afectar a máis familias. Porque o IRPH desapareza por ser abusivo. Revisa a túa escritura e si o teu índice de referencia é IRPH ... benvido. | Ir á Web.
* Recentes sentenzas comezan a estimar a nulidade da fixación do IRPH como índice de referencia para calcular o tipo de interese dos préstamos hipotecarios, pois entenden que o mesmo é abusivo como consecuencia da inclusión nos préstamos con falta de transparencia sobre o seu funcionamento. | As Sentencias na sección Tribunais da web d@s compañeir@s da IRPH Stop Gipuzkoa, plataforma de afectados polo IRPH, que xurdiu dun grupo de traballo de Kaleratzeak Stop Desafiuzamentos (PAH) en Donostia. | Ir á Web.
* INFORME IRPH | ANÁLISE CRÍTICA DO PROCEDEMENTO DE CÁLCULO DOS ÍNDICES IRPH, OU POR QUE DICIMOS QUE O IRPH É MANIPULABLE E FALTO DE TRANSPARENCIA. | J.E. - Donostia, 19-02-2014 | En formato pdf de 10 páxinas. | Acceder/Baixar.
________________
1 comentarios so far
A PAH de Ferrol e Comarca e Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra, amosaron o seu apoio a Marcos Guerreiro, contra o abuso bancario e polo dereito a unha vivenda digna e adecuada, participa acompañando ao compañeiro, nunha concentración este luns 11 de xaneiro, diante dos xulgados de Ferrol, ás 13:00hs, (Rúa Coruña 53-55) o xuízo terá lugar no Xulgado de Primeira Instancia Nº 4 - 1º Andar.
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon