mércores, xaneiro 27, 2016

Eliximos Narón pide ao tripartito un Plan Anual de Estatística do Concello - E por outra banda critica os orzamentos municipais: “A Narón pan e circo”, esa é a política do tripartito


Eliximos Narón pide ao tripartito un Plan Anual de Estatística do Concello.

Dende Eliximos, consideramos que o uso anual regular de estatísticas sobre a situación social e económica é unha ferramenta útil e moi necesaria para un coñecemento obxectivo do Concello.

Esta ferramenta pódese usar cara ao futuro para priorizar e dirixir as actuacións, inversións e recursos do Concello a aqueles aspectos que mais o requiran, e tamén de cara ao pasado para coñecer os efectos e a eficacia de ditas accións levadas a cabo polo Concello.

Ao mesmo tempo, as estatísticas obxectivamente elaboradas, tratadas e publicadas son unha importante ferramenta de transparencia sobre o Concello.

Eliximos presentou hoxe unha moción instando a o Tripartito a poñer en funcionamento esta ferramenta, para o cal e necesario un Plan consensuado no que se recollan os aspectos a estudar, a relación de estatísticas a elaborar que permitan dito estudo, e unha dotación orzamentaria para o Plan nos presupostos para este ano 2016 que están pendentes de se aprobar.

---

“A Narón pan e circo”, esa é a política do tripartito.


Os políticos romanos decidiron que a política de "pan e circo" era a forma máis efectiva de subir e manterse no poder. Esta era a práctica romana de prover pan gratis aos cidadáns romanos así como custosas formas de entretemento (o teatro, as carreiras e as loitas) como medio para gañar a súa confianza e, sobre todo, de mantelos afastados dos asuntos políticos.

A pesar do paso dos séculos esa práctica, adaptada aos nosos días, segue vixente e é a política do goberno de Narón. Neste caso o "pan" ven a ser a asistencia social para garantir a subsistencia, mentres que o "circo" son as festas, os deportes e as actuacións culturais.

Así o reflexan os orzamentos con:

 Asistencia social primaria: 2,5 millóns de euros (no mesmo orde que a media outros concellos galegos no rango dos 20.000 a 50.000 habitantes 1 ).

 Festas populares e festexos: 215.000 €, un 18,2% mais que concellos similares (5,4 fronte 4,1 €/hab.).

 Deporte: 1,91 millóns de euros €, un 21% mais que concellos similares (48,4 fronte 35,9 €/hab.).  Equipamento y promoción cultural: 2 millóns de euros €, un 215,8% mais que concellos similares (50,4 fronte 14,3 €/hab.).

En total, Festas + Deportes + Cultura = 4,1 millóns de euros €, 1,73 millóns (un 72,2%) mais que concellos similares (104,3 €/hab. fronte aos 54,3 €/hab. dos demais concellos).

Pola contra, as actuacións de carácter económico dos tres sectores 2 levan 371.000 euros, fronte a 1.458.000 doutros concellos similares, un -74,6% (9,4€/hab. fronte aos 14,3 €/hab. dos outros).

Os gastos en fomento do emprego de 253.000 euros tamén se encontran un -55,5% por debaixo dos concellos similares.

En resumen, a aposta política do tripartito e "pan e circo" que levan 6,6 millóns de euros (aínda que moito mais "circo" que "pan") fronte as actuacións de carácter económico e fomento de emprego que levan 1,7 millóns de euros.

Dende Eliximos entendemos que cada cousa ten que ir na súa medida, e que as actuación de carácter económico e o fomento do emprego deberían ter un maior peso para que os naroneses teñan traballo e, por tanto, poidan ganar o pan.

Notas.-
[1] As comparativas son tamen coa media distes concellos.
[2] Agricultura, Gandería e Pesca; Comercio, turismo e PYMES; Transporte público; Infraestruturas, I+D+I+d, e Outras actuacións de carácter económico.

Eliximos Narón Electores (ENE)
Grupo Mixto do Concello de Narón
Praza de Galicia s/n – Entrechán 15570 Narón (A Coruña)
Telf.: 981337700 - Ext.: 1066 - Móbil: 673141822 / E-mail: grupomixto_ene@naron.es
Grupo no facebook:
https://www.facebook.com/groups/Eleximos.Naron/

Web:
http://eliximos.esy.es/




Enviado por: ENE Eliximos Narón Electores
-eliximos@gmail.com-
26 de janeiro de 2016 11:1522 de janeiro de 2016 15:13
_________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon