Mércores 27, ás 17 hs, San Felipe, Homenaxe Amada García
Organizado pola Asociación Memoria Histórica Democrática:
O Mércores, 27 de Xaneiro, ás 17 hs, no Castelo de San Felipe, Homenaxe a Amada García e os sete compañeiros fusilados polos fascistas o 27 de xaneiro de 1938, por defender a legalidade republicana.
Amada García era natural e veciña de Mugardos, estaba casada con Gabriel Toimil Dopico e tiña unha filla. Foi fusilada no Castelo de San Felipe o 27 de Xaneiro de 1938. Esta bastante estendida a idea de que foi fusilada por bordar unha bandeira do Partido Comunista de España, o que é falso. A realidade é que era unha muller politicamente moi activa e boa oradora, unha líder natural, polo que acadou as antipatías dos sectores máis conservadores da sociedade mugardesa.
Cando se produce o golpe de estado dos militares, as autoridades locais de Mugardos organizan a resistencia cos escasos medios que estaban á súa disposición. Neses días, Amada García estivo no concello dando ánimos e colaborando na medida das súas posibilidades, como moitos outros veciños.
Coa vitoria dos militares sublevados, estes deteñen e xulgan a un elevado número de veciño/as do concello (causas 42/37 e 379/37). Precisamente, unha das mulleres acusadas era Amada García Rodríguez.
"Amada García foi detida estando embarazada, facendo que máis tarde o Consello de Guerra aprazase a aplicación da sentenza de morte á que foi condenada, ata o nacemento do fillo seu fillo Gabriel. Á espera dese momento, estivo confinada no Cárcere de Mulleres de Ferrol, logo o 31 de outubro de 1937 ao Hospital de Caridade de Ferrol, onde pariu. 88 días despois, o 27 de xaneiro de 1938, foi conducida ao castelo de San Felipe. Alí foi executada, por un pelotón de fusilamento, canda ela foran executados o mesmo día outras sete persoas da nosa bisbarra: Antonio Eytor Cañizo, José María Montero Martínez, Ángel Roldos Gelpi e Juan José Teijeiro Leira de Mugardos; Jaime González Pérez e Ramón Rodríguez López de Ares; e Germán López García de Cabanas".
http://www.memoriahistoricademocratica.org/
Asociación Cultural Fuco Buxán | Rúa Armada Española, 32 baixo - 15406 - Ferrol (A Coruña) Apartado Correos: 240 - C.P. 15400 - Ferrol | Telefono: 981325492 | Email: fucobuxan@gmail.com | Visita a nosa web: www.fucobuxan.net | Blog "Pensamento Crítico" http://opinionsfuco.blogspot.com.es/ | Facebook: http://www.facebook.com/pages/Fuco-Bux%C3%A1n/118931821452749 | Twitter: http://twitter.com/FucoBuxan Google+: https://plus.google.com/u/0/108716477794009532670/posts
Enviado por:
A.C. Fuco Buxán Fuco Buxán
-fucobuxan@gmail.com-
26 de janeiro de 2016 23:08
___________________
Enlace relacionado:
Homenaxe a Amada García e Día internacional das vítimas do Holocausto -27 xaneiro de 2016.
_________________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon