A pesar de que o tripartito está a retrasar a entrada da transparencia e da tecnoloxía no concello, como se veu neste pleno ao votar en contra das mocións de Eliximos, estas chegarán porque a lei lles obriga, aínda que xa debería de estar aprobada a ordenanza de transparencia antes do nove de decembro e estano retrasando con desculpas, cando a lei deulles dous anos de marxe para o cambio.
A veciñanza debe saber que toda a información que hai no concello e pública e calquera, aínda que sexa doutro concello, pode pedila sen ter que xustificar nada, aínda que haxa que ocultar algúns datos ou nomes polos dereitos persoais. Ademais, a lei obriga ao concello a poñer a libre disposición do público a través de internet a información mais importante así como a mais solicitada.
A Participación cidadá vai a ser unha conquista mais complicada que polo que se ve, xa que o tripartito naronés quere reducila no posible ao diálogo civil, e dicir, a unha relación coas asociacións, que ademais están a facer ríxida e constrinxida por normas e formalismos.
A política en Narón ten moito que aprender algúns concellos do contorno, pero se buscamos un concello de similares características, encontramos un bo exemplo en Alzira (Valencia) pois ten unha poboación similar a Narón (44.500 habitantes) e é algo mais extenso.
O concello de Alzira conta con:
Unha ordenanza de transparencia desde xullo de 2014.Polo tanto, levamos anos de atraso e queda moito por facer en Narón.
Un sistema de proxección de audio e vídeo dende ordenadores na sala do pleno.
Un sistema de gravación e retransmisión en directo (imaxe e son) do Pleno e das Asembleas Cidadás.
Vídeo-Actas: documentos electrónicos e multimedia, compostos por un acta de texto sucinta puntos da orde do día e os acordos tomados en cada un dos puntos, o documento audiovisual da sesión (con unha tradutora de linguaxe de signos incorporada para persoas con discapacidade auditiva nos plenos mais importantes), e as firmas electrónicas de curso legal do Secretario e o Presidente.
Asembleas cidadáns dende hai tres meses, que se fan unha hora antes do pleno con toda a corporación, e nas poden participar calquera cidadá que estea presente ou que remita as súas preguntas por correo electrónico. Ademais ségense a manter a posibilidades de intervención do público ao finalizala sesión plenaria, como xa se viña facendo dende hai anos.
Eliximos Narón Electores (ENE)
Grupo Mixto do Concello de Narón
Praza de Galicia s/n – Entrechán 15570 Narón (A Coruña)
Telf.: 981337700 - Ext.: 1066 - Móbil: 673141822 /
E-mail: grupomixto_ene@naron.es
Grupo no facebook: https://www.facebook.com/groups/Eleximos.Naron/
Web: http://eliximos.esy.es/
Enviado por:
ENE Eliximos Narón Electores
-eliximos@gmail.com-
4 de janeiro de 2016 11:00
____________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon