luns, febreiro 22, 2016

A asociación veciñal "O Rosario" do Inferniño insta a que o goberno municipal interveña para solucionar os problemas derivados da concesionaria do estacionamento público do Inferniño


Aparcamento d'O Inferniño.

    
A Xunta directiva desta Asociación Veciñal do Inferniño expresamos a nosa preocupación  a respecto do Aparcamento do Inferniño "Porta Nova Park", instando a que interveña o Concello de Ferrol co obxecto de mediar no cumprimento desta concesión pública e impulsar este espazo comercial.

Lembramos que no ano 2012 a empresa concesionaria comprometeuse publicamente a facer un investimento de 200.000 € nestas instalacións para actualizar conforme a legalidade os seus equipamentos e servizos co fin de dotar este aparcamento dun mellor servizo máis atractivo para  a veciñanza.

Parécenos grave as continuas queixas do persoal deste aparcamento no senso de que non se fai efectivo o pagamento das nóminas dos seus salarios. As empresas que son concesionarias do concello deben ser exemplares no cumprimento dos seus deberes e pregos de condicións. Esiximos ao goberno local o cumprimento destas obrigas laborais e cesionarias.

Instamos, unha vez máis a intervención do goberno local co fin de impulsar esta concesión pública e a empresa faga efectivas as remuneracións que por dereito teñen todos os traballadores e traballadoras.

Ferrol, a 22 de Febreiro de 2016.-

A directiva.-

--
ASOCIACIÓN VECIÑAL O ROSARIO- INFERNIÑO
avvorosario@gmail.com
http://orosario-inferninho.blogspot.co

Enviado por:
A.Veciñal Inferniño
-avvorosario@gmail.com-
21 de fevereiro de 2016 22:42

___________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon