luns, febreiro 22, 2016

A Necesaria Confluencia da esquerda pra as Eleccións Autonómicas Galegas deste ano, ... Por Celso Posada Fernández

Por Celso Posada Fernández [*]
22.02.2016


Vivimos tempos de neoliberalismo, de salvaxes recortes nos nosos dereitos, na Sanidade, no Ensino Público, nos servizos públicos por culpa das políticas neoliberais e de salvaxes recortes do PP. Vivimos tempos de salvaxe desmantelamento do Estado do Benestar polas políticas privatizadoras e neoliberais do PP, un partido salpicado pola corrupción sistémica e estrutural dos seus dirixentes. Nas Eleccións Autonómicas Galegas deste ano están en xogo os nosos dereitos, o Ensino e a Sanidade Publica, os servizos públicos e poder vivir con dignidade. Pra transformar a sociedade, pra defender o público, pra democratizar a economía, pra poňer as institucións ao servizo da  maioría social e prol cambio político é fundamental a Confluencia e a Unidade da esquerda política, social e sindical e pra iso e imprescindíbel que a esquerda deixemos a un lado os egos, os personalismos, os individualismos,  a predominancia dunhas siglas sobre outras e traballemos xuntos nun Programa Común pra derrotar e vencer nas urnas a Feijoo, ao PP, a dereita e as súas políticas neoliberais, clasistas e austericidas.

As pasadas eleccións xerais do 20 de Decembro así como as eleccións municipais e autonómicas do mes de Maio demostraron claramente que a cidadanía quere cambio político, que a cidadanía quere que a esquerda confluíamos e nos unamos pra transformar a sociedade e pra poňer as institucións o servizo das clases populares e da maioria social.

O Partido Político de esquerdas, socialista e republicano Decide en Común consideramos que e fundamental a Confluencia da esquerda pra as Eleccións Autonómicas Galegas de este ano, nos alegramos do magnifico resultado electoral da Candidatura de Confluencia da esquerda En Marea (Podemos, EU, Anova e mareas municipalistas) nas Eleccións Xerais do 20 de Decembro na que foi a segunda forza política en Galicia en votos e obtivo 6 deputados/as ao Congreso e dous senador/ra. Decide en Común apoiamos a En Marea pra as Eleccións Autonómicas Galegas deste ano pero creemos que é fundamental sumar a máis forzas políticas da esquerda rupturista, nacionalista e federal, os movementos sociais, a máis activistas sociais, a máis mareas municipalistas. Tamén creemos que e fundamental que esta Candidatura de Confluencia da esquerda pra as Eleccións Autonómicas Galegas deste ano debe ter unhas Primarias Abertas, debe construírse dende abaixo, dende as bases, de forma plural, inclusiva, participativa e aberta, e o seu programa ten que ser claramente de esquerdas e antineoliberal e debe ser aberto, inclusivo e participativo.

Representantes e membros de Decide en Común manteremos reunións con partidos políticos, movementos sociais, con representantes de En Marea e con activistas sociais pra colaborar, axudar e pra traballar pra conformar unha Candidatura de Confluencia da esquerda pra as Eleccións Autonómicas Galegas deste ano, pra transformar a sociedade, pra conseguir o cambio político e  pra derrotar e vencer nas urnas a Feijoo, ao PP, a dereita e as súas políticas neoliberais, clasistas e privatizadoras que unicamente han  provocado nestes 8 anos  paro, precaridade laboral, desigualdade social, pobreza, recortes, privatizacións, exilio económico e emigración forzosa da xuventude galega.



[*] Celso Posada Fernández, nado en Ferrol o 16 de Xullo de 1980. Activista e Coordinador en Galicia do partido Socialista, Republicano e de esquerdas "Decide en Común" e membro da súa Executiva Federal; e integrante da Plataforma Somos Izquierda. Diplomado en Maxisterio de Educación Primaria pola Universidade da Coruña e Monitor de Tempo Libre. É membro de STOP-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrolterra , da Asociación de Mobilidade Humana para a Colaboración e o Desenvolvemento (de apoio ás persoas imigrantes e refixiadas) e participa nas Marchas da Dignidade e na Plataforma Cidadá de Ferrolterra contra o TTIP.


Enviado por:
celso posada
-celsoposada2006@hotmail.com-
22 de fevereiro de 2016 11:08
___________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon