luns, febreiro 22, 2016

Acto, en Ferrol, sobre os Crimes de Tarajal - Con Xavier Ron e Estrela Gómez Viñas - Debate e Proxeción do documentario "Las muertes de Ceuta" - Segundo aniversario das 16 mortes e de ningunha responsabilidade asumida


A Coordinadora de Ferrolterra do Foro Galego de Inmigración convídate a participar neste acto de conmemoración do segundo aniversario dos crimes do Tarajal, que se cumpriu o pasado 6 de Febreiro. Para quen non o lembre, as fontes oficiais contabilizaban 16 mortes por afogamento, tras o despregue dun dispositivo da Garda Civil que recibiu aos inmigrantes que tentaban alcanzar a praia con material antidisturbios. Mortes das que aínda a día de hoxe segue sen haber responsables.

Neste acto proxectaremos o documental As mortes de Ceuta ("Las muertes de Ceuta" - "Crimenes del Tarajal"), que analiza polo miúdo os sucesos, e a continuación abriremos un debate sobre o mesmo.

Contaremos coa destacada presenza de Xabier Ron, membro de EU, parlamentario de AGE no parlamento galego, e activista e colaborador habitual do Foro Galego de Inmigración.

Tamén teremos a sorte de contar con Estrela Gómez, de AGAMME (Asociación Galega contra o Maltrato ó Menor), que ademáis falará sobre a situación dos menores refuxiados que fuxiron da guerra en oriente próximo.

Día: 26 de Febreiro.
Hora: Ás 19:30hs.
Lugar: Ateneo Ferrolán (Rúa madalena, 202-204).

Evento no facebook:
https://www.facebook.com/events/1098068300244110/

Conta no facebook:
https://www.facebook.com/forodeinmigracionferrolterra2015/
_____


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon