venres, febreiro 19, 2016

Comezan, na Coruña, as moi interesantes xornadas sobre a historia da Europa Decolonial e da Europa dos pobos sen Estado


A historia da Europa Decolonial e da Europa dos pobos sen Estado, a análise na Coruña. | O Paraninfo da Universidade acolle este venres e sábado unhas xornadas abertas ao público con case unha trintena de ponentes. | Lídia Senra exercerá de anfitriona neste encontro que pretende establecer pontes políticas comúns entre os pobos oprimidos.


Lídia Senra, eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquera Verde Nórdica (GUE/NGL), exercerá mañá e o sábado de anfitrioa nas xornadas “A historia da Europa Decolonial e da Europa dos pobos sen Estado[1], unhas xornadas organizadas polo propio GUE/NGL en colaboración con Decoloniality Europe e que durante os dous días reunirán na Coruña a case unha trintena de representantes de diferentes colectivos dos pobos oprimidos de Europa.

As xornadas serán un punto de encontro para establecer pontes políticas comúns entre a Europa dos pobos sen Estado e a Europa dos pobos racializados derivados da historia colonial. O evento aberto a todos os públicos, que comezará este venres ás 18:00 horas e que se prolongará durante toda a xornada do sábado no Paraninfo da Universidade da Coruña, permitirá poder escoitar e intercambiar experiencias con persoas como, ademais da propia Lídia Senra e do voceiro de AGE no Parlamento Galego, Xosé Manuel Beiras, o membro fundador de Europa Decolonial e profesor na Universidade de California en Berkeley Ramón Grosfoguel; os deputados cataláns das CUP Anna Gabriel e Quim Arrufat; a activista e portavoz do Partido dos Indíxenas da República Francesa, Houria Bouteldja ou o profesor portugués Boaventura de Sousa Santos.

Nas xornadas tamén intervirán as concelleiras de Anova en Marín e Vigo, Sandra Pesqueira e Margarita López Barreiro, respectivamente, así como o representante da Relacións Internacionais da Confederación Intersindical Galega (CIG), Moncho Boán; ou por parte do Sindicato Labrego Galego (SLG), Xosé Ramón Cendán. Pola parte galega, nas xornadas tamén estarán presentes membros da Marea Atlántica, e de feito, será o propio alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, quen inaugurará as xornadas xunto con Lídia Senra; ademais da concelleira de Igualdade e Diversidade no Concello da Coruña, Rocío Fraga, que moderará unha das mesas.

Pola parte internacional desprazaranse á Coruña membros de Europa Decolonial como o holandés Dew Baboeram; a artista e activista visual líder do Espazo do Inmigrante no Raval Daniela Ortiz, entre outros. Membros do Sindicato Andaluz de Traballadores (SAT), a concelleira de Madrid Montse Galcerán, ou a galega Helena Miguelez-Carballeira, profesora actualmente na Universidadade de Bangor, en Gales, serán outras das persoas ponentes nas diferentes mesas que conformarán estas xornadas.

Compostela, 18 febreiro 2016.

Enlaces de interese:

As xornadas en twitter:
https://twitter.com/decolonialgz

Web Decolonial:
http://decolonialityeurope.wix.com/decoloniality

Dossier das Xornadas | Baixar/Acceder.

Clicando acima da imaxen da cabeceira do post, pode-se acceder/baixar o cartaz das xornadas, por se se quere difundir.

Lídia Senra, eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL) | Tlf's: 0034 698 108 434/0032 483 604 027, |lidia.senra@europarl.europa.eu | http://ageuropa.gal/ e https://www.facebook.com/LidiaSenraRodriguez.



Enviado por:
SENRA RODRÍGUEZ Lidia OFFICE
-lidia.senra-office@europarl.europa.eu-
18 de fevereiro de 2016 12:43

____________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon