Ás 12 do mediodía, deste sábado 6 de Febreiro de 2016, lembraremos a Carmelo e Vitoria, e a todos os que nos deixaron desde que comezou a loita contra o despropósito gasista de Reganosa, loita mantida nos últimos anos en defensa da Ría e da vida, contra a ameaza permanente da Planta de Gas.
O 5 de Febreiro de 2008, ugrupo de persoas convocadas polo CCE, íamos a unha nova cacerolada de protesta pola entrada dun novo gaseiro na Ría, cando nos chegou a nova da morte de Carmelo. O vento do nordés non permitiu que atracara en Reganosa. O último alento de Carmelo xuntouse ao nordés para demostrar unha vez mais a loucura e sinrazón da localización de REGANOSA no medio dunha Ría onde se pon en perigo a vida de miles de persoas e a riqueza marisqueira. Seguimos contando co teu alento Carmelo, Vitoria, José, Tito, Tino, ... Luis.
Cúmprese o VIII Aniversario do falecemento de Carmelo Teixeiro Menéndez, primeiro Coordinador deste Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol.
Con este motivo, o CCE convoca, a toda a cidadanía, a celebrar un acto na súa lembranza e na da súa compañeira Victoria Fernández Paredes (falecida o 8 de novembro do 2013).
O Acto, que consistirá nunha ofrenda floral e intervencións poético musicais, terá lugar o citado sábado no Parque que leva o seu nome "Carmelo Teixeiro" de Caranza.
Moi interesante vídeo sobre a construción da ilegal e perigosa planta de gas de Reganosa:
Ferrol polo mar e pola vida.
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc
_______
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon