Localización de Reganosa na Ría de Ferrol
Localización da planta do Musel na ampliación do Porto de Xixón
e tanques da mesma planta regasificadora de Enagas
e tanques da mesma planta regasificadora de Enagas
O Supremo declara ilegal a Planta de Gas de Xixón
O Tribunal Supremo acaba de declarar ilegal -como a Reganosa- a localización da Planta de Gas do Musel (Xixón), por estar situada -como Reganosa- a menos de 2.000 metros de núcleos de poboación, incumprindo por tanto o RAMINP (Regulamento de Actividades Molestas Insalubres Nocivas e Perigosas), normativa vixente no momento do inicio do Expediente de Construción.
A denuncia foi promovida polos Verdes de Asturias/EQUO en 2009 e tivo sentenza favorable do Tribunal Superior de Xustiza de Madrid que foi recorrida polo Ministerio de Industria e ENAGÁS pero que agora ratifica o Supremo.
Construída por ENAGAS cun investimento de 382 millóns de euros nunca entrou en servizo, nin hai perspectivas, por non considerala necesaria o Sistema Gasístico.
A pesar diso leva percibidos desde 2012, 125 millóns dos fondos públicos cos que o sistema (a través das peaxes do gas que pagan os consumidores) retribúe á planta asturiana os seus custos financeiros e os do seu mantemento.
Outro disparate e outro fraude como o de REGANOSA, tamén ilegal, tamén perigosa (con distancias aínda máis reducidas á poboación e o risco engadido do tráfico de gaseiros na ría) e tamén innecesaria e tamén un gravame para o recibo dos consumidores polas retribucións do sistema gasístico.
O QUE DI ESTA SENTENZA:
"... resulta aplicable en todos aqueles casos nos que o procedemento de autorización desta clase de instalacións iniciouse antes da entrada en vigor dunha Lei autonómica que excluíse a súa aplicación no territorio de que se trate, aínda que a resolución de autorización e declaración de utilidade pública produciuse xa baixo a vixencia desa Lei, o que concorre neste suposto, primeiro coa autorización administrativa previa de 2008 e logo, coa definitiva, de 2010".
REGANOSA iniciou o trámite ou solicitude para construír unha regasificadora na ría de FERROL en Marzo de 1.999. O RAMINP derrógase en Galicia o 2007 Oito anos despois !
Polo tanto, o mesmo Tribunal e a mesma Sala, emitiu no caso de Reganosa unha sentenza distinta, desestimando o que agora admite no caso de Xixón, a pesar da maior diferenza temporal e da maior gravidade e proximidade a poboación da Planta de Mugardos.
Cuestión que pode considerar o Tribunal nas próximas sentenzas pendentes de emitir, relativas á Autorización Administrativa Previa e á Autorización de Construción. Sería de Xustiza.
Parabéns a cidadanía de Xixón e
¡PLANTA DE GAS FÓRA DA RÍA !
---
A nova nos medios e outros enlaces:
* O Supremo confirma a ilegalidade da obra da regasificadora do Musel, ... por José Simal. | Valida a prohibición de que se construíse a menos de 2.000 metros dun núcleo de poboación. | O Ministerio de Industria ten tres meses para executar o fallo, que levaría parello a demolición da instalación, ou explicar por que non o fai. | Xornal El Comercio - Asturias. 02.03.2016 | Ir a Web.
* O Tribunal Supremo ratifica a sentenza que declarou ilegal a regasificadora. | M. C. | O futuro da regasificadora do Musel está no aire despois de que a Sala do Contencioso Administrativo do Tribunal Supremo ratifique que a súa construción foi ilegal, ao estar a menos de dous quilómetros de núcleos habitados, tal como esixía a normativa vixente cando comezou a tramitarse o expediente para autorizar a planta. | Xornal La Nueva España 02.03.2016 |Ir a Web.
* Tras ratificar o Supremo a ilegalidade da regasificadora de Enagás. | Enagás volverá pedir permiso para legalizar El Musel. | O litixio, instado polos Verdes de Asturias, terminou no Supremo. | O Alto Tribunal ratifica que as autorizacións incumpriron no seu día un antigo regulamento. | O regulamento xa foi derrogado. | Carmen Monforte. Madrid. 03.03.2016 | Ir a Web.
* ¡Conseguido! O tribunal supremo confirma que a regasificadora do Musel é ilegal. | EQUO Asturias | El alto tribunal confirma a sentenza do Tribunal Superior de Madrid e declara que a regasificadora de Xixón construíu-se vulnerando a lei. Esta regasificadora que custou máis de 380 millóns de euros e na que aínda durante o ano 2015 se estiveron dilapidando millóns de euros ao conectala co gasoduto estatal, é ilegal ademais de inútil. | 03.03.2016 | Ir a Web.
>>> Consultar Sentenza do TS sobre a Planta Regasificadora de El Musel de 29 de Febreiro de 2016, 32 páxinas en formato pdf. | Acceder/Baixar.
--
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc
Enviado por:
comitecidadan
-comitecidadan@gmail.com-
4 de março de 2016 17:36
________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon