ESQUERDA UNIDA DE NARÓN PRESENTA UNHA MOCIÓN SOBRE FOMENTO DO COOPERATIVISMO COMO MOTOR DA XERACIÓN DE EMPREGO NO NOSO MUNICIPIO.
O concelleiro de Esquerda Unida de Narón André Abeledo Fernández defenderá no próximo pleno do día 25 de febreiro unha moción sobre o fomento do cooperativismo en Narón.
"Dende EU defendemos este modelo cooperativista que en tempos de crises demostrou a súa capacidade para xerar emprego, ademais un emprego normalmente de carácter indefinido con salarios dignos onde a muller ten un espazo importante na súa xestión".
MOCIÓN SOBRE FOMENTO DO COOPERATIVISMO
Fundamentos
Segundo datos do Ministerio de Emprego e Seguridade Social, a pesar do aumento do desemprego en España, o emprego nas cooperativas medrou durante estes anos de penuria que chaman crise, datos nos que abonda a Confederación Española de Cooperativas de Traballo Asociado (COCETA).
A estes datos positivos habería que engadirlle o feito de que se trata de empregos indefinidos, cando menos a priori, polo feito de seren socios das cooperativas a maioría dos seus traballadores e traballadoras.
E, por certo, dáse a circunstancia de que as mulleres ocupan case o 50% dos empregos cooperativos, e un 40% dos postos de responsabilidade, moi por encima da maioría das empresas.
Consecuentemente, parece lóxico que o Concello de Narón, que conta con un polígono industrial con moito espazo baleiro e un bo número de instalacións en situación de inactividade, conta coas infraestruturas ideais para o fomento da economía produtiva destas característica e debe valorar os apoios para que este tipo de actividades axude a mellorar a situación de preocupante desemprego que padecemos.
Ademais contamos para poñer en marcha este proxecto con ferramentas que deberían ser útiles e suficientes para financiar a posta en marcha desta iniciativa, para que non quede nun canto cara a galería, e para polo tanto poder concretar cantas veciñas e veciños de Narón van poder nos vindeiros meses saír da situación de desemprego e poder ter unha ocupación remunerada.
Existe un Plan de Emprego da Deputación de A Coruña dotado con 6 millóns de euros, esta noticia é do 14 de Xaneiro de 2016, para o fomento do auto-emprego e o apoio a proxectos emprendedores.
Existe un Plan Prepara do Goberno Central que se prolonga cada seis meses dende o 2012 ata que o paro baixe do 20%, a ultima vixencia é do 16 de Febreiro de 2016.
Aparte existen coa súa correspóndete dotación orzamentaria os plans de emprego da Xunta Galiza para este ano 2016, así como un plan especifico para a creación e sostemento de servizos sociais.
Temos que buscar o xeito de que a maior cantidade posible de todos eses recursos públicos sexan adicados a poñer en marcha todo tipo de iniciativas no noso concello que procuran xerar un emprego digno e de calidade.
Por todo isto o Concello de Narón adopta os seguintes
Acordos
O Concello de Narón iniciará no prazo máis breve posible os trámites para a configuración dun proxecto de Viveiro de Cooperativas.
Dito Viveiro de Cooperativas poñerá a disposición das novas cooperativas radicadas en Narón instalacións básicas para o seu funcionamento, nas que tanto o alugueiro como os gastos de internet e electricidade serán gratuítos durante o primeiro ano.
O Concello de Narón, mediante cos acordos que tome comisión de goberno e coa participación de todos os grupos da corporación e utilizando todos recursos e servizos que lle son propios o cooperativismo a través de cursos de formación e de asesoramento para os traballadores que desexen impulsar as cooperativas na nosa cidade.
Para todo isto, o Concello establecerá contactos coa citada Confederación Española de Cooperativas de Traballo Asociado (COCETA), para solicitarlle asesoramento no desenrolo do proxecto.
O desenrolo do proxecto deberá contar coa participación activa e vinculante do Concello de Narón e das concelleiras de Economía e Servizos Sociais.
Grupo Municipal de Esquerda Unida de Narón
ESQUERDA UNIDA DE NARÓN
Contas de Esquerda Unida Narón no facebook e no twitter.
Achegate xunta Nós, fagamos un novo Concello mais social, mais democrático, participativo e de Tod@s.
Enviado por:
Naron Esquerda Unida
-eu-naron@esquerdaunida.org-
16 de fevereiro de 2016 12:48
_____________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon