domingo, febreiro 07, 2016

Un ano máis Victoria, Carmelo estiveron no noso pensamento xunto a todos aqueles que xa non están entre nós, mais que continúan a ser exemplo e motivación na loita contra o despropósito gasista de Reganosa, localizado no corazón da Ría de Ferrol, mais - Fotos e audio


Este sábado 6 de Febreiro, no Parque Carmelo Teixeiro de Caranza, o Comité Cidadán de Emerxencia, coincidindo co VIII aniversario do pasamento de Carmelo, o primeiro Cordinador do Comité, celebrou un acto de lembranza a todos aqueles que xa non están entre nós pero que continúan a ser exemplo e motivación na tarefa emprendida hai cerca de quince anos.

Carmelo Teixeiro, Victoria Fernández, D.José Gabeiras, Tino Deibe, Santiago Torrente, Luis Matalobos, Ramón Capotillo, Xaime Quessada, estiveron presentes nas intervencións de Lalán, Lupe Ces e Luz Marina Torrente, xunto coa afirmación de continuar esta loita imprescindible, en defensa da legalidade, da Ría e da vida, contra a ubicación da perigosa, antieconómica e innecesaria Planta de Gas de Reganosa.

O vento, a poesía de José Torregrosa e o violín de Estrela Gómez Viñas acompañáronnos durante a ofrenda floral.

ÁLBUM   FOTOGRÁFICO.

POEMA: VOZ, VIOLÍN E VENTO.

POEMA: TEXTO.

--

Comité Cidadán de Emerxencia
para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc

Información baseada na enviada por:
comitecidadan
-comitecidadan@gmail.com-
6 de fevereiro de 2016 19:51
___________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon