ACTO NA PRAZA DE ARMAS DE FERROL, O SÁBADO 5 DE MARZO DE 2016, NO "DÍA MUNDIAL DA EFICIENCIA ENERXÉTICA"
A ADEGA-Ferrolterra convoca este sábado 5 de marzo, no "Día mundial da eficiencia enerxética", un acto reivindicativo, onde desde unha mesa informativa na Praza de Armas (entre a 11.30 a 13.30 horas), divulgará sobre a importancia de ser eficientes enerxeticamente nun mundo, o cal, xa está a padecer o chamado cambio climático produto do noso estilo de vida para o que, daremos unha serie de consellos moi doados de facer no noso dia a dia e que poden supor ao fin do ano, un aforro importante de cartos, ademais de estar a lixar menos o noso medio ambiente.
Eficiencia Enerxética
Hoxe 5 de marzo dia mundial de eficiencia enerxética, desde a delegación da Asociación Ecoloxista ADEGA queremos reivindicar este día facendo te saber como com unha serie de xestos moi fáciles de facer no nosos día a día, podemos reducir o consumo de combustíbeis fósiles os cales, están a facer tanto dano ao noso medio ambiente e a saúde dos seres vivos e ademais, podemos aforrar uns cartos os cales viran moi ben neste tempo de crise
O cambio climático xa é un feito e ninguén no seu sa xuízo o nega. Os fenómenos meteorolóxicos adversos cada vez son máis frecuentes e com maior virulencia. O chove arreo o nom chove como estamos a comprobar desde fai anos na Galiza. Os veráns cada vez son máis inestábeis e a primavera e o outono andan a estar desaparecidos .Todo isto entre outras moitas coisas nom son froito da casualidade senón que son produto da actividade humana concretamente, da queima da combustíbeis fósiles (carbón e petróleo) como xeito de obter enerxía
Aínda que a desconexión destas fontes de enerxía esta en mans dos políticos e o paso gradual ao uso de enerxías limpas (eólica, solar, maremotriz ect...) como fonte de enerxía, desde ADEGA-FERROLTERRA queremos-te dar uns consellos para que reduzas a emisión de carbono á atmosfera e ademais aforres uns cartos, collendo unha serie de hábitos moi sinxelos de facer, na túa angueira diaria.
- Poñer os testos as olas no momento de cociñar (Aforro 25% de enerxía).
- Usar as olas o do mesmo o “maior tamaño” que o fogón.
- Cociñar sempre que poidas coa ola express (50% de aforro de enerxía).
- En cociñas vitrocerámicas o indución usar o calor residual para acabar de cociñar (10% de aforro de enerxía).
- Cando comece a ferver o guiso, baixar o fogo ao mínimo que permita rematar o que se está a cociñar.
- Mercar electrodomésticos de baixo consumo en auga e electricidade.
- Usar lámpadas leds na iluminación da casa (aforro 88% de enerxía que as lámpadas tradicionais)
- Se tes calefacción illar termicamente a casa, Xanelas e paredes (30% de aforro).
- Apagar o motor do coche nos semáforos e atascos importantes (Aforro de máis de100 euros ao ano).
- Usar a famosa botella na cisterna do cuarto de baño (5.500Litros de aforro ao ano familia 4 pessoas).
ADEGA
Asociación pola Defensa Ecolóxica de Galiza
Delegación de Ferrolterra
Apartado de Correos 481, C.P.: 15480 - Ferrol
adegatrasancos@adega.gal
http://www.adega.gal/
ASÓCIATE!!!
Información baseada na enviada por:
ADEGA-Ferrolterra
-adegatrasancos@adega.gal-
3 de março de 2016 06:42
_____________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon