martes, marzo 08, 2016

Este 8 de Marzo: Construíndo Feminismo, destruíndo Capitalismo, no Día Internacional das Mulleres - A Marcha Mundial das Mulleres convoca, en Ferrol, na Praza do Inferniño ás 7 da tarde


8 DE MARZO DA MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES

A Coordinadora Local de Ferrolterra da Marcha Mundial das Mulleres, como cada ano, convidamos a toda a cidadanía da comarca a sumarse á nosa voz neste 8 de marzo

DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES

ÁS 19:00H NA PRAZA DO INFERNIÑO DE FERROL BAIXO O LEMA:

"CONSTRUÍNDO FEMINISMO DESTRUINDO CAPITALISMO"

Coma sempre dende a MMM seguimos a traballar para derrubar o patriarcado construíndo feminismo.

Como remate deste acto contaremos coa colaboración desinteresada de Eugenia Sanmartín, que coa súa voz, transmitiranos a forza que precisamos para seguir o resto do ano Construíndo Feminismo.

Díptico da convocatoria en formato pdf. | Acceder/Baixar.

MULLERES EN MARCHA ATA QUE TODAS SEXAMOS LIBRES!!!

"As mulleres decidimos"

Coordenadora Local de Ferrolterra da Marcha Mundial das Mulleres

Que é a Marcha ?
A Marcha Mundial das Mulleres é un movimento mundial de accións feministas que reúne grupos de mulleres e organizacións que actúan para eliminar as causas que orixinan a pobreza e a violencia contra as mulleres. Loitamos contra todas as formas de desigualdade e de discriminación sufridas polas mulleres. Os nosos valores e as nosas accións oriéntanse cara un cambio político, económico e social. Os mesmos que se articulan ao redor da mundialización das solidariedades, a igualdade entre mulleres, entre mulleres e homes, e entre os pobos, o respecto e a valoración do liderazgo das mulleres e o fortalecemento das alianzas entre mulleres e cos outros movimentos sociais progresistas.

Información baseada na enviada por:
Marcha Mundial Ferrolterra
-mmmferrolterra@gmail.com-
6 de março de 2016 14:33

_______________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon