mércores, marzo 09, 2016

Ocupación Activa dos Montes do Cha, en Brión e Doniños (Ferrol), sábado 12 de Marzo, ás 10:30hs no Confurco: Ocupación simbólica dun monte plantando árbores autóctonas


A Asociación Montes Veciñais do Cha, convoca unha ocupación activa nos Montes do Cha (Ferrol) o sábado 12 de marzo, invitando a todos os interesados en colaborar na reivindicación do monte Cha como monte veciñal. A veciñanza de Brión e San Román de Doniños leva décadas loitando polo monte de seu e por iso organiza esta acción, co obxectivo de implicar á cidadanía na defensa do carácter comunal dese monte. O monte Cha sitúase no cumio da montaña entre a entrada da ría de Ferrol e o val de Doniños. Conta con 230 hectáreas que na actualidade están xestionadas polo Concello de Ferrol.

A comunidade veciñal quere que o seu monte teña a mesma condición que outros tantos 3.000 montes veciñais en man común en Galicia, no que a propiedade do monte recae nos veciños e veciñas que residen de forma habitual nese territorio. Así poderían autoxestionar o monte dunha forma sustentable e entre todas as mans.

A través desta acción, a Asociación Monte Veciñal do Cha, convidamos a participar neste encontro que comeza ás 10:30 no lugar de O Confurco, entre Cariño e Doniños (Ferrol). Alí poderemos plantar acivros, carballos e outras árbores autóctonas, e todo bañado con música, un xantar e refrixerios para os que colaboren con esta ocupación simbólica e temporal dun monte veciñal.

Apoiar este encontro supón acreditar no potencial desta comunidade veciñal, que leva moito tempo traballando en común e de forma activa pola recuperación dun monte que no pasado, dende tempos inmemoriables, era propiedade da comunidade veciñal do lugar.


https://vimeo.com/157787742

Evento no facebook:
https://www.facebook.com/events/1109297205789593/

Máis info:
http://montenoso.net/reivindicar-un-monte-vecinal-plantando-arbores-autoctonas/

Montenoso é unha comunidade, un espazo, unha rede que procura traballar por e para as comunidades de montes veciñais en man común e por extensión o mancomún. Facémolo porque entendemos que estes montes veciñais supoñen un paradigmático exemplo de comúns, e representan unha alternativa na capacidade de xestión e de relación entre nos e o medio que nos rodea.

Twitter:
https://twitter.com/montenoso

Web:
montenoso.net

Enviado por:
montenoso
-ola@montenoso.net-
9 de março de 2016 21:31
_____________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon