No pasado 20 de Febreiro de 2016 tiveron lugar os IV Encontro de Feministas Autónomas en Vigo co tema “Contra as violências machistas, iniciativas feministas”. Este é o cuarto dunha serie de encontros que se levan a celebrar nos últimos anos e que pretenden ser espazos de coñecemento, reflexión, construción de estratexias e alternativas políticas feministas para vivir mellor no día a día tanto no ámbito privado como no público.
Nesta convocatoria realizou-se unha dinámica de participación social chamada “Café Diálogo” no que as 50 persoas, maioritariamente mulleres, que participamos nela concluímos o seguinte:
1) A maior violencia machista que sofremos na actualidade é a negación sistemática (por parte do Estado, medios de comunicación, movementos sociais e sociedade en xeral) da existencia dunha estrutura patriarcal que asigna roles de xénero imutables e represores da diversidade de identidades sexuais, culturais e políticas que realmente existe na sociedade. Un sistema que culpabiliza, autolimita, e invisibiliza particularmente ás mulleres, impedíndonos mesmo recoñecer e denunciar con claridade que o malestar que sentimos, sea cal for a súa intensidade, é violencia.Realizouse tamén durante este IV Encontro de Feministas Autónomas a Feira de Proxectos de Vida onde se evidenciou a riqueza, forza e enerxía que temos as mulleres para dinamizarnos a nós mesmas e á sociedade. Houbo proxectos de arte, economía, vivenda, xestión, cultura, alimentación, artesanía, radio, publicacións, sexoloxía, roupa, educación e crianzas, accións e identidade sexual, etc. Foi un primeiro paso cara a visibilización do noso potencial transformador e e materialización de iniciativas que nos sitúen nun novo camiño de construción de vidas feministas.
2) A pesar do traballo feito polo feminismo e as mulleres a nivel individual ao longo da historia e en ámbitos diversos (política, cultura, saúde, activismo, etc), non sentimos, neste momento, que teñamos claras aliadas alén de nós propias e o movemento feminista.
3) Frente a esta situación precisamos:
a. Visibilizar de xeito transversal as violencias machistas en toda a súa dimensión, sendo nós quen definamos o que é violencia machista.
b. Auto-organizármonos en grupos de apoio por afinidade, localidade, etc, para traballar do individual ao colectivo na toma de conciencia, educación autoestima, acción política e coidados.
c. Tecer redes seguras e autónomas para criar estratexias e ferramentas feministas integrais, tanto na economía e praxe como no pensamento.
d. Asumir os nosos direitos e exercelos aqui e agora a través da acción directa, autodefensa e toma de espazos de poder.
Movimento de Feministas Autónomas da Galiza.
Para mais información sobre este e pasados encontros poden consultar o noso blogue feministasautonomasgaliza.blogspot.com.
Encontros Feministas Autónomas
Enviado por:
Encontros Feministas
-encontrosfeministasgaliza@gmail.com-
29 de abril de 2016 09:39
______________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon