Inauguración da exposición de pintura "Da botella ao mar" de Miguel Melero, na sala de exposicións temporais da Casa da Cultura-Museo do Humor de Fene.
Día: xoves, 7 de abril de 2016.
Hora: ás 20 horas.
Lugar: Museo do Humor de Fene
Rúa Conces, 20-22
15500. Fene (A Coruña)
Tfno. 981-342400 // 607-625357
Exposición de pintura “Da botella ao mar”, de Miguel Melero.
A mostra poderá visitarse dende o xoves 7 de abril ata o xoves 28 de abril na sala de exposicións temporais da Casa da Cultura de Fene, en horario de luns a venres, de 10:00 a 13:00 e de 16:00 a 21:00 horas, e os sábados, de 10:00 a 13:00 horas.
INAUGURACIÓN O XOVES 7 DE ABRIL ÁS 20 HORAS
"Esta mostra é un percorrido polos distintos asuntos que o pintor traballa na longa vida que nin chega nin remata.
Ao principio, as botellas, os vasos, as copas e as persoas-botellas.
Pezas compañeiras da vida das persoas e testemuñas das conversas máis intimas.
A continuación as árbores como seres mudas que só falan cando as escoitamos.
E tamén, o lume ás árbores.
E... aló ó final, o mar, o Atlántico.
Sempre o mar azul.
Ións negativos para a renovación soñada.
A eterna xuventude.
O infinito soñado.
Por infinito."
Ven a Fene, á Casa da Cultura - Museo do Humor, na sala de exposicións temporais.
Enviado por
Museo do Humor de Fene
museodohumor@gmail.com
5 de abril de 2016 11:37
Un saúdo, Almudena Marcos Coordenadora do Museo do Humor de Fene.
____________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon