No día Internacional do Pobo Xitano, este venres 8 de Abril terá lugar un acto en Conmemoración do día Internacional do pobo Xitano: Visibilizando a súa situación, ás 19:30 horas no local Municipal do Antigo Hospicio (Rúa Méndez Núñez, 11), nas inmediacións da Praza de Amboage; e o sábado 9 de Abril, no Mercado de Caranza.
Na presentación desta xornada conmemorativa e reivindicativa Interviron:
- María Teresa Martínez (Integrante do Consello Político Local).
- Teresa Vilariño (Responsable do obradoiro de xitanas de Caranza).
- Nieves Monteiro (Usuaria obradoiro de xitanas de Caranza).
- Eva Salazar (Usuaria obradoiro de xitanas de Caranza).
- Miguel Castro (Coordinador local de Esquerda Unida Ferrol).
Presentaron as actividades programadas por Esquerda Unida Ferrol en torno á conmemoración do día internacional do Pobo Xitano:
O venres 8 de Abril, ás 19:30 horas no local Municipal do Antigo Hospicio (Rúa Méndez Núñez, 11), nas inmediacións da Praza de Amboage.
- Proxección documental Gypsies.
- Mesa redonda con Ramón Vázquez (integrante do Consello Político Nacional de Esquerda Unida e diputado no Parlamento galego por AGE), Iria Fandiño (militante de Esquerda Unida e especialista na área) e Tere Vilariño (Responsable do obradoiro de xitanas de Caranza). Haberá tamén entrevistas a familias e estudantes xitanas.
- Café xitano
- e entrega de flores en conmemoración do Día Internacional do Pobo Xitano.
- Miguel Castro e María Martínez.mp3. | Abrir/Baixar.
- Tere Vilariño, Nieves Monteiro e Eva Salazar.mp3. | Abrir/Baixar.
Esquerda Unida de Ferrol
R/ do Sol 124 Entrechán Esquerda
981944035
http://www.euferrol.org
https://www.facebook.com/esquerdaunida.ferrol
https://twitter.com/EUFerrol
http://www.esquerdaunida.org/ferrol.html
Enviado por:
Ferrol Esquerda Unida
-eu-ferrolterra@esquerdaunida.org-
2 de abril de 2016 16:01
__________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon