O BNG PRESENTA UNHA MOCIÓN PARA NON PRORROGAR O CONVENIO CON AUGAS DE GALIZA E A ENCOMENDA DE XESTIÓN DA EDAR A EMAFESA
O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol presentou unha moción, que será debatida no pleno deste xoves 28 de abril, na que se propón que o concello de Ferrol non prorrogue o convenio de xestión asinado entre o Concello de Ferrol e Augas de Galiza para a xestión da EDAR de Ferrol e romper a encomenda de xestión feita á empresa EMAFESA.
O BNG lembra que o convenio con Augas de Galiza, que remataba o 8 de xuño, e que o goberno local quere prorrogar, xa recollía a posibilidade de xestionar de xeito mancomunado esta infraestrutura polo que o acordo que tomou o goberno de Jorge Suárez é que mentres que esta opción non se produza, vai manter vixente o actual convenio e polo tanto a xestión dunha infraestrutura, a EDAR, que non funciona do mesmo modo que se esta a facer no momento actual
Para o BNG senón se vai romper a encomenda de xestión con EMAFESA se seguirá entregando a Emafesa a xestión dunha depuradora que ten deficiencias, como ten anunciado o goberno local, produto da súa construción xestionada e recepcionada por parte da Xunta con esas deficiencias e que o Partido Popular entregou ao concello para que xestionase esa depuradora que non pode funcionar por ter deficiencias e que o concello entregou a Emafesa para a súa xestión
Desde o BNG non sabemos que é o que muda na actualidade con respecto ás decisións adoptadas polo PP tanto no que ten que ver co convenio asinado con Augas de Galicia como o que ten que ver coa encomenda de xestión desa depuradora a Emafesa, para que o Goberno Local decida manter estes acordos como estaban.
O BNG lembra que o convenio con Augas de Galicia implica que o Concello de Ferrol ten que xestionar unha infraestrutura obsoleta e que no momento actual non funciona como é a EDAR. A encomenda de xestión asinada con EMAFESA establece que a veciñanza paguemos unha taxa para custear as obras incluídas no convenio con ACUAES, a posta en funcionamento da rede que supón máis de 2,7M de euros e polo servizo de depuración das augas residuais do Concello que segue sen existir.
O BNG así mesmo insta ao goberno local á suspensión do convenio asinado entre o Concello e a empresa pública ACUAES co obxectivo de que sexa o Estado quen asuma os custos derivados da execución e posta en funcionamento dos interceptores xerais da marxe dereita da ría de Ferrol e que se esixa ao Ministerio de Fomento que asuma as obras de reparación das deficiencias da EDAR de Ferrol.
A realidade é que na actualidade os convenios asinados polo PP no anterior mandato seguen vixentes e as súas condicións tamén. O convenio coa empresa ACUAES obriga aos veciños e veciñas da cidade a pagar as obras da infraestrutura de saneamento que se están a desenvolver na cidade e que deberían estar rematadas a finais do ano 2015, o que provoca que aumenten os custos que terán que asumir os veciños e veciñas de Ferrol.
Ademais na actualidade o goberno local ten acordado, tamén, concederlle a ACUAES a xestión do custe dunha nova taxa sobre os veciños e veciñas da cidade, a da tarifa variábel dependente da posta en funcionamento dos interceptores xerais e dos tanques de tormentas, pese a que no convenio asinado non estaba previsto que fora ACUAES quen xestionase esta tarifa que sen embargo o goberno de Jorge Suárez decidiu que así fora.
Para o BNG ao engano do PP sobre a EDAR súmaselle a incomprensíbel actitude do actual goberno local, que se nega a revisar estes acordos nen a cuestionar un deseño de rede unitaria, irracional e insostible económica e medio ambiental.
O BNG na súa iniciativa solicita tamén que o Pleno do Concello de Ferrol aprobe a derrogación da ordenanza fiscal reguladora da taxa pola depuración de augas residuais, e insta ao goberno local á devolución do importe da taxa de saneamento cobrada indebidamente aos veciños e veciñas desta cidade nos primeiros meses do ano 2015.
Ferrol, 26 de abril de 2016.
Bloque Nacionalista Galego de Ferrol
Rúa Naturalista López Seoane, 13 Baixo - 15402 - Ferrol
bngferrol@gmail.com
O BNG de Ferrol no facebook ou no twitter.
http://bng.gal/ferrol/
http://adiante.gal/
Enviado por:
BNG Ferrol
-bngferrol@gmail.com-
26 de abril de 2016 16:41
______________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon