EU Narón defende a necesidade de municipalizar o servizo da auga
André Abeledo concelleiro de EU Narón defendeu na Xunta de Portavoces deste luns día 25 a necesidade de emprazar as partes asinantes do actual convenio da rede de saneamento a renegociar o seu contido, tamén que entendemos que o Concello de Narón debería instar o Goberno Central a que asuma o gasto que ten que afrontar o noso concello, por ser esta unha obra de interese xeral, pois este cofinanciamento municipal é algo máis que infrecuente.
Neste sentido o noso concelleiro presentou unha moción este mes de Abril que finalmente decidiu retirar a petición do Equipo de Goberno ata que finalicen as vindeiras reunións e os distintos contactos que o Alcalde de Narón esta a manter nestes días na mancomunidade, con Augas de Galicia, e coa Xunta de Galicia.
O Alcalde comprometeuse a trasladar os resultados de ditas reunións e contactos ao Grupo Municipal de EU Narón, o noso Concelleiro André Abeledo comprometeuse a estudar o resultado destas reunións con atención.
Antecedentes:
- No ano 2012 asinouse un Convenio para a construción da rede de saneamento da Ría de Ferrol polo que os Concellos de Narón e Ferrol tiñan que participar no custo da infraestrutura cun 10% do total. As obras da rede de saneamento non remataron no ano 2015, e que polo tanto a UE non asume o compromiso económico inicial. Dende logo non entendemos como é posible que coñecéndose ese risco se asine en Febreiro do ano 2015 unha achega ao convenio inicial que estende as obras ao río Inxerto en Ferrol, e á construción do interceptor Cadaval-Neda, obra que non podía rematar nese ano e que supuña para o Concello de Narón aportar o 20,40% do seu custo total, cifrado nuns 7,3 millóns de euros (ACUAES/Goberno central aporta o 68,20% e a Xunta Galicia o 11,40%).
- Esta cofinanciación municipal é algo máis que infrecuente cando se trata de obras de interese xeral e que ademais contaba co requirimento para a súa realización e a aportación económica da Unión Europea. Esa participación municipal significaba que a cidadanía de ámbolos concellos temos que aportar uns cartos que van durante bastantes anos nos orzamentos municipais, o dito únese o aumento da contía da taxa de saneamento en torno a un 25%, ademais de ter que afrontar o sostemento do custo enerxético e de mantemento desa infraestrutura.
“O servizos básicos a cidadanía non poden servir para a especulación das grandes multinacionais, e o único beneficio que deben dar é o que revirte en beneficio da sociedade”.
“Dende EU Narón levamos dende o 2014 denunciando este modelo de saneamento que esta pensado para sacar beneficio do que debería ser un dereito, un modelo de saneamento que non cumpre a súa función, un modelo de saneamento a medida das empresas do IBEX 35 que busca sacar beneficio económico de algo tan básico para a vida como é a auga”.
“Dende EU Narón defendemos a necesidade de municipalizar este servizo, de que sexan empresas 100% publicas as responsables da súa xestión, ben sexa a trabes dos Concellos ou da Xunta de Galicia”.
Grupo Municipal de Esquerda Unida de Narón
Contas de Esquerda Unida Narón no facebook e no twitter. | Concelleiro: André Abeledo Fernández | andre1474@gmail.com
Achegate xunta Nós, fagamos un novo Concello mais social, mais democrático, participativo e de Tod@s.
Enviado por:
Naron Esquerda Unida
-eu-naron@esquerdaunida.org-
25 de abril de 2016 13:38
________________
Enlace web a Cosma (Compañía de Servizos Medio ambientais do Atlántico) Narón, empresa mixta concesionaria do servizo municipal de augas: http://www.cosmanaron.es/.
_________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon