O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol fixo hoxe 13 de Abril de 2016, no Salón de actos do Ateneo Ferrolán, ante os medios de comunicación e a cidadanía, unha extensa valoración da Sentenza do Tribunal Supremo que declara de xeito irrevogábel a nulidade da Autorización Previa de Instalación da Planta de Gas de REGANOSA.
Participaron: o Alcalde de Ferrol, Jorge Suárez, a Asesora Xurídica do CCE Patricia Gabeiras, o Coordinador Manuel Rodríguez Carballeira, a Presidenta da A. VV. “O Cruceiro” de Mehá Luz Marina Torrente, e os membros do CCE Francisca Portela e Carlos Álvarez, que reafirmaron a ilegalidade desta Planta, perigosa, innecesaria e antieconómica.
Enlace co álbum fotográfico da audiencia pública celebrada no Ateneo Ferrolán a tarde do 13 de Abril de 2016. | Acceder/Baixar.
As dúas sentenzas firme do TS contra Reganosa:
Enlaces de referencia:
- Sentenza 695/2016 do Tribunal Supremo. Sala do Contencioso-Administrativo. Sección: Terceira. 28.03.2016 | Acceder/Baixar. (Recorrían as entidades ligadas ao Comité Cidadán de Emerxencia)
- Sentenza do Tribunal Supremo. Sala do Contencioso-Administrativo. Sección: Quinta. 11.05.2012| Recurso de Casación Núm. 4512/2008 | Acceder/Baixar. (Recorrían Reganosa e o Concello de Mugardos).
Vídeo do acto: Acceder/Baixar.
Comité Cidadán de Emerxencia
para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc
Información baseada na enviada por:
Comite Cidadan de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
14 de abril de 2016 00:01
_______________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon