xoves, abril 14, 2016

Actos diversos perante Abril e Maio para comemorar a proclamación da II Reública - Lembrade hoxe, 14 de Abril, no Ateneo Ferrolán Festa en conmemoración da proclamación da 2ª República ás 7 da tarde - Actos en Cedeira, organizados pola asociación Memoria Histórica Democrática, para o 15, 17 e 28 de Abril, e o 22 e 28 de Maio de 2016 - O concelleiro de Esquerda Unida de Narón André Abeledo colocou a bandeira republicana na porta do Concello - Actos en Narón - Viva a Reública, ... Por Celso Posada Fernández


Festa en conmemoración da proclamación da segunda república
Acto do xoves día 14 de abril no Ateneo Ferrolán

- Proxección de “Crónicas Republicanas”, ás 19:00 horas. Peza audiovisual que mezcla teatro, radio e imaxe, nun percorrido por sucesos socio-políticos ferroláns dende a II República até hoxe. Dirixida por Miguel Castro sobre guión do mesmo e de José Torregrosa.

- Encontro, a continuación, onde Carlos Etchevarría, cofundador e ExPresidente do Ateneo Republicano de Galicia, falará en nome da Plataforma pola República.

Organizan:
Plataforma pola República
Asociación Memoria Histórica Democrática
Anova
Decide En Común
Espazo Ecosocialista
Esquerda Unida
Fuco Buxán
PSdeG - PSOE
Terra Galega
--
Un lugar de encontro para a cultura.
Ateneo Ferrolán, fundado en 1879.

e-mail: secretaria@ateneoferrolan.org | Telf.:  +34 981 357 970 Dirección Postal: Rúa Magdalena 202-204. CP.15402 | Ferrol (Galiza)

Síguenos:
TWITTER: @ateneoferrolan
BLOG: http://ateneo-ferrolan.blogspot.com/
FACEBOOK: https://www.facebook.com/Ateneo-Ferrol%C3%A1n-1430118530577463/
Faite soci@ on line! Colabora con nos!
http://ateneo-ferrolan.blogspot.com.es/2007/12/faite-soci.html

Para axudas e aportacións económicas:
CC en Cajamar Cooperativa. Titular Ateneo Ferrolán.
ES72-3058-6402-9527-2000-5350

Enviado por:
Ateneo Ferrolán Fundado en 1879
-ateneoferrolan@gmail.com-
14 de abril de 2016 11:57

___________________

Hoxe o concelleiro de Esquerda Unida de Narón André Abeledo colocou a bandeira republicana na porta do Concello en homenaxe os que loitaron por defender a II República e a legalidade.

"Este é un acto de homenaxe e xustiza para todos aqueles Alcaldes e Concelleiros da epoca que habendo sido escollidos polos seus veciños e veciñas democraticamente, foron paseados e asesinados simplemente por defender as súas ideas", estendemos que é preciso lembrar o acontecido e non seguir escondendo a verdade, "aqueles que nos acusan de querer reabrir feridas olvidanse de que nunca foron pechadas, de que ninguen pediu perdon, esquecen que as fosas comuns seguen cheas de semente dun pobo que quería ser libre".

GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA DE NARÓN

Enviado por:
Naron Esquerda Unida
-eu-naron@esquerdaunida.org-
14 de abril de 2016 12:43

___________________

Actos en Cedeira, organizados pola asociación Memoria Histórica Democrática, para o 15, 17 e 28 de Abril, e o 22 e 28 de Maio de 2016.(Clicar acima da imaxe para ampliar o cartaz).


Enviado por:
Memoria Histórica Democrática

-memoriahistoricademocratica@gmail.com
14 de abril de 2016 12:00
___________________


Esquerda Unida de Narón organiza unha "XORNADA REPUBLICANA"

Este venres día 15 de Abril no Local Social de A Gándara a partir das 19:30.

A "XORNADA REPUBLICANA"  pretende ser un homenaxe a II República e a quen a defendeu, pero tamén unha xornada de reivindicación da necesidade da III República.

A XORNADA estará dividida nunha charla conferencia sobre a segunda República baixo o titulo "A II REPÚBLICA, UNHA ESPERANZA MALOGRADA" impartida polo Licenciado en Documentación Eliseo Fernández Fernández, tamén intervirá o catedrático Xosé Maria Dobarro Paz que é ademais Coordinador Comarcal de Esquerda Unida, e o concelleiro de Esquerda Unida en Narón André Abeledo Fernández que falará sobre a moción presentada en Narón e a necesidade da III República.

Durante a parte de lecer serviranse uns "pinchos" para o público asistente, e tamén se abrirá o debate para todo aquel que queira intervir. 

Dende EU Narón defendemos que “conmemorando o 14 de Abril non só recordamos o pasado, actuamos no presente para construír o futuro, poñemos as bases para a terceira República, cuestionamos realmente o sistema, abrimos o debate para cambialo todo de verdade”.

Non haberá cambio real sen República, sen superar o réxime do 78, a monarquía funciona como garante da oligarquía para que todo siga igual”.

Esquerda Unida de Narón

Enviado por:
Naron Esquerda Unida
-eu-naron@esquerdaunida.org-
13 de abril de 2016 22:53

___________________

Viva a República, ... Por Celso Posada Fernández

Por Celso Posada Fernández [*]
07.04.2016


VIVA A REPÚBLICA. ORGULLOSO DE SER SOCIALISTA E REPUBLICANO . A POLA III REPÚBLICA: O vindeiro Xoves 14 de Abril cumprense 85 anos da Proclamación da II República.

A República e un modelo de estado profundamente democrático, solidario, igualitario que defende firmemente os dereitos sociais, os servizos públicos, o Ensino e a Sanidade Publicas, os dereitos humanos, a igualdade real entre mulleres e homes, a solidariedade internacional, a xustiza social, a igualdade de oportunidades e os dereitos da clase traballadora e da maioría social. A República e un modelo de estado profundamente democrático o servizo da transformación social e da construción dunha sociedade mellor, mais xusta, humana, democrática, solidaria e igualitaria na que se respecten os dereitos humanos e a dignidade das persoas, pobos e culturas. Hoxe e máis necesario que nunca seguir loitando para conseguir que chegue a III República. VIVA O 14 DE ABRIL. VIVA A REPÚBLICA. A POLA III REPÚBLICA. ORGULLOSO DE SER DE ESQUERDAS, SOCIALISTA E REPUBLICANO.

[*] Celso Posada Fernández, nado en Ferrol o 16 de Xullo de 1980. Activista e Coordinador en Galicia do partido Socialista, Republicano e de esquerdas "Decide en Común" e Secretario de Ensino e de Cultura da Executiva Federal; integrante da Plataforma Somos Esquerda. Diplomado en Maxisterio de Educación Primaria pola Universidade da Coruña e Monitor de Tempo Libre. Foi membro do PSOE, candidato a liderar o partido a nivel provincial, até formou parte da súa Executiva Comarcal da que dimitiu. A situación socioeconómica e política, e a súa participación activa nos movementos sociais, levou-no a abandonar o PSOE e colaborar na refundación dun novo partido socialista e republicano. É membro de STOP-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrolterra, da Asociación de Mobilidade Humana para a Colaboración e o Desenvolvemento (de apoio ás persoas inmigrantes e refuxiadas) e participa nas Marchas da Dignidade e na Plataforma Cidadá de Ferrolterra contra o TTIP. Está no facebook e un blogue persoal.

Enviado por:
celso posada
-celsoposada2006@hotmail.com-
12 de abril de 2016 21:47
___________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon